Novas

En Marea denuncia a vulneración de dereitos aos traballadores de Aena- A Coruña

photo5926878246996126878

A deputada Yolanda Díaz avisa que esta situación incide directamente na seguridade aérea e da cidadanía

A Coruña, 13 de xullo de 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, mantivo esta mañá xuntanza con representantes sindicais de CCOO da plantilla de AENA no aeroporto de Alvedro, en A Coruña, para coñecer as demandas das persoas traballadores, e as deficiencias das propias instalacións, que nos vindeiros días trasladaranse á Cámara Baixa tanto a través de iniciativas lexislativas como de preguntas e interpelacións aos Ministros do ramo, principalemente á Ministra de Traballo e ao Ministro de Fomento.

Díaz denunciou que na privatización de AENA-A Coruña no ano 2011 a secuencia é coñecida: recortes en persoal, recortes que afectan á seguridade aérea.

“Estamos diante dunha entidade que está sendo sancionada gravemente por inspección de traballo. Esta sendo condenada nos tribunais por vulneración de dereitos e cuestións moi graves que non se poden permitir en AENA”. A este respecto, a deputada de En Marea quixo enviar unha mensaxe ao novo Goberno, para que non actúe como os anteriores, e deixe de gastar diñeiro público presentando continuamente demandas e recursos ás denuncias dos traballadores, cando, ademais, perden continuamente.

Yolanda Díaz denunciou, na rolda de prensa posterior a esta xuntanza, que “hai un retroceso en materia de persoal, que ten que ver coa seguridade das traballadoras/es e coa seguridade dun servizo público e da cidadanía en xeral”. É grave, destacou Díaz, que nestes intres non se esixen “ter todos os requisitos de cualificación necesarios para prestar servizos básicos en AENA, se vulneran os dereitos fundamentais das taballadoras/es e estase a seguri unha política errada na prevención de riscos laborais”.

Pola súa banda, o delegado do Comité de Empresa, Gustavo Juan García Abilleira, denunciou que “dende o ano 2011 tivemos 5 denuncias en inspección de traballo que condenan a AENA como falta grave, e un requerimento por non cumprir coa prevención de riscos”, e que “é posible que alguén que non teña nin idea de electricidade poida quedar fixo en AENA, xa que están traballando técnicos que non están preparados en traballos eléctricos.

Así En Marea trasladará todas estas cuestións ao Congreso dos Deputados, e incidirá na cuestión dos accidentes laborais en AENA dende a aprobación do Real Decreto 614/2001, que incumpriu reiteradamente AENA.