Novas

En Marea e os mariñeiros de ‘Long Hope’ reclaman ao Goberno a súa mediación con Noruega

photo5823548699723278515

En Marea tamén conseguiu que o Goberno se reunise cos mariñeiros de Long Hope e estaremos vixiantes para que o Executivo e o Ministerio de Exteriores cumpla co que é o seu deber. 

Rolda de prensa:

Madrid, 7 febreiro de 2017. Vanessa Angustia, senadora de En Marea, xunto a Alberto Paz, Presidente da asociación de Ex-Mariñeiros ‘Long Hope’, compareceron hoxe ante os medios de comunicación para esixir ao Ministerio de Exteriores a súa implicación no conflito que 12.000 mariñeiros manteñen en Noruega.

Ademais, grazas a En Marea, tanto a senadora como os representantes de ‘Long Hope’ reuníronse co ministro Alfonso Dastis para esixir “máis implicación e compromiso por parte do Goberno”.
429940398_49444_8965492677966038624

Desde 1948 e ata 1994 todos eles faenaron en alta mar en buques con bandeira noruega, abandonando os impostos equivalentes ao IRPF. Anos despois, sen embargo, ese traballo realizado non computa a efectos de pensión de xubilación, sen que reciban retribucións nin do Estado Español nin de Noruega, atopándose nunha situación de auténtica desprotección social.

Entre o 3 e 5 de abril próximos no xulgado de primeira instancia de Oslo analizará o contencioso que enfrenta aos ex-mariñeiros españois co Estado Noruego. É a primeira parada dun periplo xudicial que podería alongarse por anos, obrigando aos ex-mariñeiros a acudir ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Non obstante, a realidade é que moitos de eles teñen idade avanzada, viven nunha situación de desprotección e desamparo, e poderían en moitos casos non chegar a ver unha victoria xudicial que finalmente recoñeza os seus lexítimos dereitos. Por iso, a asociación ‘Long Hope’ reclama a súa mediación ao Goberno de España, concretamente do Ministerio de Asuntos Exteriores, para que apoie aos ex-mariñeiros nos tribunais noruegos, ou para que chegue a un acordo bilateral con Noruega que garanta unhas prestacións dignas.

A senadora Angustia, interpelou hoxe ao Ministro de Exterior, Alfonso Dastis, para coñecer que medidas políticas e diplomáticas tomará o Goberno para garantir a protección social dos 12.000 ex-mariñeiros representados pola asociación ‘Long Hope’.