Novas

En Marea esixe ao Goberno que cumpra co mandato da cesión do inmoble de aduanas de Ferrol

photo5981163738809608762

O Congreso dos Deputados, a iniciativa de Yolanda Díaz, aprobou a iniciativa en setembro que tamén contemplaba obras de mantemento do edificio.

Madrid, 21 de febreiro de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, vén de presentar novas preguntas dirixidas ao Goberno para que aclare se vai incumprir, outra vez, o mandato do Congreso dos Deputados, como ven facendo, de xeito reiterado, coas iniciativas que saen adiante na Cámara Baixa e que despois o Executivo non leva adiante.
Díaz manifestou a súa indignación porque xa trancorreron 5 meses (setembro 2017) da aprobación da PNL de cesión gratuíta do inmoble de Aduanas ao Concello, e o Goberno aínda non levou a cabo ningún tipo de acción ao respecto. Pero máis grave aínda é que o Congreso dos Deputados instou, tamén, a que o Executivo de M. Rajoy levara a cabo as obras de mantemento e acondicionamento necesarias do inmoble, que nestes intres se atopa nun estado de abandono e deterioro importante. A deputada de En Marea denunciou que a pretensión do Goberno é desatender as súas obligación ao respecto ata poder declarar o estado ruinoso do edificio.
O certo é que previo á aprobación desta iniciativa, e en resposta escrita a Yolanda Díaz, o Goberno xa adiantara que non tiña previsto a execución de actuacións tendentes á conservación do edificio”, e trala parálise demostrada ata o de agora, semella que o Executivo de M. Rajoy segue a desatender as demandas da cidadanía de Ferrol, e a desobedecer os acordos do Congreso dos Deputados.

 

Download (PDF, 67KB)