Novas

En Marea esixe a axilización da construción do estaleiro 4.0 en Ferrol

photo5800992184319717026

Yolanda Díaz presentou a solicitude de comparecencia da Ministra de Defensa para que informe dos trámites pendentes.

Iniciativas:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/2b8deb2f-4299-43ac-afc8-6a32ac13db2b/122082_SCC_MINISTRA_DEFENSA_NAVANTIA40.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/077c923b-e194-46d2-b47a-a1f0084dfeda/121688_PE_EJECUCION_F110.pdf

Madrid, 23 de xaneiro de 2019. A voceira de En Marea no Congreso dos Deputados, Yolanda Díaz, presentou esta mañá a solicitude de comparecencia urxente da Ministra de Defensa en comisión para que informe sobre o estado dos trámites para a construcción do estaleiro 4.0 en Navantia Ferrol.

Esta solicitude debatirase na Deputación Permanente da Cámara Baixa o vindeiro luns, 28 de xaneiro, a partir das 10 horas.

Díaz denunciou en varias ocasións o retraso na construcción desta obra clave para o cumprimento e execución da construción das fragatas F-110. Neste senso, xa se presentaron diversas iniciativas no Congreso debido ao retraso, por parte do Goberno, da aprobación en Consello de Ministros da orde de execución das fragatas, trámite que o propio Presidente do Executivo, Pedro Sánchez, se comprometera a ter resolto antes da finalización do ano 2018.

A voceira de En Marea denuncia que as partes implicadas neste proxecto, o Ministerio de Defensa por unha banda e Navantia pola outra non aclaran, entre eles, quen debe promover cada un dos trámites pendentes para o inicio da obra de construción do estaleiro, o que está a retrasar a execución do proxecto.

Esta ineficacia institucional, denuncia Yolanda Díaz, “está a por en risco o futuro da industria naval no noso país, e, polo tanto, tamén o de miles de postos de traballo na comarca de Ferrolterra”.

A deputada ferrolá amosou a súa inquedanza por este retraso no proxecto do estaleiro 4.0, xa que teme que isto poida ter outra serie de repercusións na construcción das fragatas ou na carga de traballo prevista en Ferrol. “Este proxecto é moi importante para Ferrol, non só pola incidencia económica da construcción das fragatas senón pola posibilidades a longo prazo, por iso debería estar xa moito máis avanzado”.