Novas

En Marea esixe a Fomento medidas inmediatas para paliar o alto risco da N-642 en Ribadeo e da N-640 en Monterroso

photo5841172745835097503

O deputado Miguel Anxo Fernán Vello traslada ao Ministerio a preocupación polo último informe de EuroRap onde, lamentabelmente, a N-642 ocupa a primeira posición como o vial de maior risco de todo o estado

Madrid, 21 de decembro 2018. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha serie de iniciativas parlamentares na Cámara Baixa na que esixe ao Ministerio de Fomento a adopción imediata de medidas para correxir o alto risco que posúe a N-642 ao seu paso polo municipio de Ribadeo.

O parlamentar de En Marea insta a Ábalos a tomarse en serio o último Informe do Programa Europeo de Avaliación do Risco na Estrada, EuroRAP, que analiza a perigosidade da rede viaria do estado español que “non sae moi ben parado no estudo posto que presenta máis de 3.000 quilómetros de estradas con alto nivel de perigosidade”.

Rematen co desleixo existente coas infraestruturas de Lugo

“Como primeira, ocupando o primeiro posto, figura a N-642 nun tramo de 8,2 quilómetros no cruce coa N-640 e o enlace coa N-634. Son moitas as ocasións nas que En Marea se dirixiu a Fomento polo mal estado deste vial e doutros estatais que pasan pola Mariña como a N-634 e a N-640. Incluso con proposicións non de lei nosas aprobadas pero todo sigue igual”, denuncia o deputado. Este traxecto adoece de mala visibilidade, deterioro do firme, o peralte das curvas perigoso. “Levamos tempo demandando actuacións de seguridade vial para correxir esta estrada”.

Ao igual, puntualiza, que “levamos tempos pedindo a mellora da N-640 a altura de Monterroso así como noutros tramos. As estradas estatais, as vellas estradas nacionais, ao seu paso por Lugo foron obxecto dun abandono absoluto en canto a investimentos de mantemento. Non se fixo nada e nos anos da crise recurtouse nun eido fundamental para garantir a seguridade na circulación”.

Fernán Vello explica que nunha resposta do Ministerio do pasado mes de febreiro, alegaba que o 8 de xaneiro tiña licitado o proxecto para a realización de obras de rehabilitación estrutural do firme en dous tramos da N-642, entre Barreiros e San Cibrao. “Unha reforma que se fixo esperar e á altura de setembro só se fixeran unhas pequenas obras polo paso da volta ciclista”.

O deputado de En Marea conmina a Fomento a rematar “co desleixo existentes coas infraestruturas estatais en Lugo. Empecen por arranxar o básico como estradas perigosas e de alto risco que non supoñen investimentos faraónicos”.   

Download (PDF, 115KB)

Download (PDF, 69KB)