Novas

En Marea esixe a Fomento que non retrase máis o reinicio das obras de reforma parcial da A-55 Vigo-Porriño

photo5834747925731848550

Alexandra Fernández pide explicacións ao Ministerio pola demora nas obras e critica a negativa de Fomento a liberar de peaxe a AP-9 Vigo-Tui como a mellor alternativa á perigosa A-55.

Madrid, 11 de abril 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, diríxese ao Ministerio de Fomento para esixirlle que non retrase máis o reinicio das obras de remodelación parcial da A-55 Vigo-Porriño que levan máis de seis meses paralizadas.

Alexandra Fernández critica os “anuncios baleiros do Ministerio que non se toma en serio a perigosidade desta autovía, unha das de maior risco do estado. O Director de Estradas anunciou hai un tempo que as obras reiniciaríanse en marzo. O mes de marzo remato e as actuacións continúan pendentes”.

A parlamentar lembra que a autovía Vigo-Porriño, a A-55, está entre as máis perigosas do estado a pesar de contar con 10 radares e 10 cámaras de vixianza para un tramo duns 15 quilómetros.

“É o tramo da rede estatal con maior acumulación de puntos negros, cun total de oito. Os accidentes son habituais nas denominadas curvas de Tameiga en dirección a Vigo. Hai unha media de 100 accidentes ao ano”.

Anuncios de novas estradas habendo outras opcións

A deputada de En Marea explica que en diversas ocasións plantexou no Congreso, e hai unha proposición non de lei aprobada de En Marea neste sentido, a necesidade de liberar de peaxe o tramo da AP-9 Vigo-Tui como alternativa á A-55 posto que decorre paralela á esta autovía.

“Unha proposta á que Fomento se nega sistemáticamente até o punto de anunciar o propio Rajoy o pasado 2 de abril a construción dunha nova autovía entre Vigo e Porriño que se sufragaría en base ao Plan Estraordinario de Investimentos en Estradas”.

En Marea interpela a Fomento sobre este anuncio de xeito crítico: “non cre que sería máis idóneo reacinalizar as infraestruturas viarias existentes, liberando de peaxe a AP-9 entre Vigo e Tui? Por que non se opta por esta alternativa que evitaría outra nova estrada? Por que ese afán por construir viais novos habendo outras opcións?”.

Alexandra Fernández amósase irónica con “anuncios que se fan a anos vista, sen horizontes temporais nin orzamentos concretos. No caso de que se execute pasarán anos mentras os conductores terán que continuar a circular pola autovía máis perigosa do estad debido á cerrazón de Fomento”.