Novas

En Marea esixe o inicio da redacción do estudo informativo do By-pass de Betanzos

tren-publico-1

Na iniciativa rexistrada no Congreso ínstase ao Goberno a executar as partidas orzamentarias para esta obra incluídas nos PXE17.
Madrid, 30 de xaneiro de 2018.En Marea vén de rexistrar unha nova Proposición non de Lei para esixir ao Ministerio de Fomento que dunha vez por todas inicie a redacción do estudio informativo da actuación do by-pass de Piadela (Betanzos). Ademais, nesta iniciativa ínstase ao Goberno a executar a partida orzamentaria incluida na Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2017 destinada a esta obra.

A Proposición non de Lei de En Marea vai máis alá e apela ao Executivo de M. Rajoy para que inclúa, na Lei de Orzamentos Xerais para 2018 partidas orzamentarias para acometer actuacións na liña ferroviaria Ferrol – A Coruña que contemplen a mellora no radio das curvas para permitir o aumento da velocidade, o desdobramento e electrificación da vía, a construcción dunha variante (By-Pass) en Betanzos Infesta e de apeadeiros en núcleos de poboación importantes entre as cidades de Ferrol e A Coruña, así como aumentar o número de circulacións e mellorar as cadencias, con intervalos de tempo fixos en función de se é hora punta ou valle e as horas fixas.

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, denuncia que, a día de hoxe, o Ministerio de Fomento segue a esquecerse da cidadanía de Ferrolterra, e se escuda, de novo, na falla de consenso social para levar a cabo actuacións nesta liña ferroviaria. De feito, tal e como sinalou Díaz Pérez, a única actuación anunciada polos representantes do Goberno, concretamente polo Secretario de Estado de Infraestructuras, Julio Gómez-Pomar Rodríguez, no Senado e polo Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, no Congreso, no mes de decembro de 2017, foi unha renovación desta liña ferroviaria de baixa intensidade, xa que só se está a traballar na mellora da liña existente con modificacións de menor calado, como o by-pass de Betanzos. Ata o de agora o Ministerio de Fomento só informou de que se completou o estudio de viabilidade do by-pass de Betanzos e que se ten previsto o inicio do estudio informativo, pero non din para cando.

Así, a deputada de En Marea, Yolanda Díaz, rexistrou unhas preguntas para a súa resposta escrita polo Goberno, relativas á falta de interventores en todos os trens de Galicia, sobre todo no relativo ás previsións do Gobernos para destinar máis interventores, e os motivos da discriminación que sufre Galicia neste eido, xa que tan só se adxudicaron 3 prazas de interventor na última convocatoria fronte ás 103 prazas convocadas no total do Estado, o que supón menos do 3%, fronte a Cataluña (31%), Madrid (24%) ou Andalucía (22%), que resultaron máis beneficiadas no reparto.

Finalmente Yolanda Díaz pregunta pola valoración do Goberno ante as grandes perdas económicas que supón para a empresa pública a falta de control das persoas usuarias en estacións e trens.

Download (PDF, 180KB)

Download (PDF, 149KB)