Novas

En Marea esixe que o Goberno aclare a súa posición coas pensións

photo5888556963938282041

Audio: https://bit.ly/2QIHrio

“Se o Goberno non modifica a súa posición sobre a idade de xubilación, estaremos en fronte”, asegurou Yolanda Díaz.

Madrid, 11 de xaneiro de 2019. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, criticou a proposta do Goberno de alongar a idade de xubilación.

“Gustaríanos que o Goberno fale de pensións con rigor e seriedade. A pensións non están en risco, non hai insolvencia sobre o sistema. Se queren dar receitas sobre a mesma, o que hai que facer é buscar novas fontes de financiación do sistema, é dicir, mellorar os ingresos da seguridade social. Non alongar a idade de xubilación das traballadoras e traballadores”, asegurou a deputada.

Tras coñecer a decisión do Goberno anunciada este vernes, que pretende alongar a idade de xubilación, En Marea quere saber si se trata dun “globo sonda” porque, de ser así, nós estaremos en contra.

“Se o Goberno toma esta posición, imos estar en fronte e do lado das traballadoras e pensionistas. Para isto non era precisa unha moción de censura, para recortar e agraviar aos máis necesitados podía continuar o PP, que estaba aplicando estas políticas”, insistiu.

A deputada quere saber se esta é a posición do Goberno e se é que o Goberno ten vontade de sacar adiante os orzamentos, porque con estas medidas, non contará co apoio de En Marea.

O vindeiro luns, que se farán públicos os orzamentos territorializados, faremos tamén unha valoración detallada das partidas para Galicia.