Novas

En Marea esixe unha actuación urxente ao Goberno na mellora da liña de tren Ferrol-A Coruña

photo5872965897646353203

A deputada Yolanda Díaz denunciou a paralización dos diferentes gobernos, que aínda non actuaron a pesar de que existen proxectos desde o ano 2003.

Intervención: 

Madrid, 12 de decembro de 2017. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, interpelou este martes na Comisión de Fomento ao Secretario Xeral de Infraestructuras, Manuel Niño, para coñecer as previsións do Goberno relativas á modernización e mellora da liña ferroviaria Ferrol – A Coruña.

Yolanda Díaz pediulle ao Goberno que atenda, dunha vez por todas, as demandas da cidadanía e dos seus alcaldes que levan anos demandando unha mellora nesta liña, e esixe ao Goberno que desenrole o proxecto que leva enriba da mesa desde o ano 2003 e que tería un investivemento de máis de 550 millóns de euros.

“É unha broma de mal gusto que vostede compareza hoxe aquí para que nos diga o que xa nos levan decindo desde hai 15 anos”, insistiu a deputada, que lle lembrou ao Secretario de Infraestruturas cal é a situación socioeconómica da comarca de Ferrolterra, de absoluta probreza, que viviu a crise máis forte do sector naval e que é unha comarca pobre, que precisa con urxencia a conexión coa cidade de A Coruña, coa que existen enormes vínculos, universitarios, santiarios e por suposto laborais, xa que é moita a xente que se despraza diariamente á cidade herculina.

A voceira de En Marea no Congreso denunciou a exclusión que supuxo o plan de racionalización das infraestruturas aplicado pola anterior Ministra de Fomento, a galega Ana Pastor, de non incluir a Ferrol co Eixo Atlántico, algo que afondou máis na pobreza que existen nesta comarca.

“Estamos falando de necesidades sociais, económicas, estamos falando de que melloraríamos a calidade de vida de milleiros de persoas”, afirmou.

Díaz preguntou de novo que se vai facer realmente coa previsión de investimento por parte do Goberno, xa que ata o de agora só puxeron enriba da mesa estudos pero ningunha actuación concreta.

A voceira de En Marea demandou unha solución inmediata ao bypass de Betanzos, e solicitou do Goberno información sobre as consignacións orzamentarias exactas para esta actuación, se van electrificar a vía e se van encardinar esta liña coas redes de transporte transeuropea e transibérica.

Díaz fixo fincapé en que éstas eran as respostas que hoxe esperaban milleiros de cidadáns e cidadás que pagan impostos e que merecen unha resposa após 15 anos de ausencias de uns e de outros.

A resposta do Secretario de Infraetruturas ás preguntas de En Marea pasou por excusarse nas continuas alegacións e reclamacións aos proxectos que se someteron a información pública para non avanzar no desenvolvemento e posta en marcha do mesmo.