
En Marea quere que a ministra de Industria se reúna na Coruña co Comité de Empresa, do mesmo xeito que fixo no comité de Medina del Campo.
Audio: https://bit.ly/2AygUim
A Coruña, 7 de xaneiro de 2019. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, mantivo este luns unha xuntanza co Comité de Empresa Isowat, que están vivindo momentos difíciles e que precisan dunha actuación imediata por parte da Xunta e do Ministerio de Industria, aos que solicitan unha mesa de traballo na que estén todas as partes implicadas.
“Levan 4 meses sen cobrar e os seus postos de traballo están en perigo. É unha empresa con capacidade de negocio suficiente, e no propio sector hai actividade mercantil para poder afrontar a situación”, explicou a deputada nunha rolda de prensa esta mañá.
Ante esta situación, En Marea rexistrou unha batería de preguntas á ministra Reyes Maroto, para coñecer se ten previsto reunirse co comité de empresa na Coruña do mesmo xeito que fixo no comité de Medina del Campo.
A deputada de En Marea tamén destacou que hoxe mesmo facemos un chamamento ao Ministerio para que constitúa, como piden os traballadores e traballadoras, unha mesa de traballo na que estén implicadas as partes afectadas: os traballadores a través dos comités de empresa, pero tamén a Xunta e o propio ministerio.