Novas

En Marea insta a Ábalos a adoptar medidas canto antes para cumprir co compromiso de liberar de peaxe a AP-9 Vigo-Redondela

photo5882217583619452831

Alexandra Fernández advirte ao Ministro de Fomento “do malestar e da indignación existente en Vigo e na área metropolitana pola falla de iniciativas para suspender esta peaxe”.

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/70eb499d-5611-44cc-90f5-eb2cf412f6fd/PREGUNTA_LIBERACIO_N_PEAXE_VIGO_REDONDELA.pdf

Madrid, 9 de xullo 2018.  A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, diríxese ao Ministro de Fomento nunha iniciativa parlamentar para demandarlle que canto antes adopte as medidas precisas para cumprir co compromiso de liberar de peaxe a AP-9 no tramo Vigo-Redondela.

“Cal é a posición do Ministro en relación á unánime e histórica petición da poboación de Vigo e da súa área metropolitana, do sector do transportes, do municipio e das organizacións políticas en aras a cumprir co compromiso de eliminar esta peaxe? Vai o Ministro de Fomento a atender esta solicitude dado o malestar e a indignación existente en Vigo polo que se considera un engano? Comprométese Fomento firmemente a levar a cabo este medida?”, son algunas das cuestións que dirixe Alexandra Fernádez a Ábalos.

Cúmprase o comprometido

A deputada de En Marea explica ao actual Ministro de Fomento que a AP-9 funciona como vía de circunvalación en cidades galegas como A Coruña, Pontevedra, Santiago ou Vigo. “A peaxe para acceder a Pontevedra, a Santiago ou a Coruña suprimiuse. Os conductores non teñen que pagar por usar esta autoestrada como circunvalación. Mais non sucede o mesmo con Vigo. Os habitantes da área metropolitana e urbana teñen que pagar a taxa entre Vigo e Redondela a pesar de que é unha circunvalación. Un tramo fundamental para os transportistas e para o tránsito entre o porto de Vigo e a área industrial de Chapela”.

Alexandra Fernández pon de manifesto nas súas preguntas a Ábalos que “este peaxe constitúe un auténtico tapón para o desenvolvemento e a competitividade do porto, así como para a movilidade da cidade de Vigo. O custe para un tramo tan cativo de 0,9 euros, convírteo nun dos mais caros do estado”. Fernández explica ao Ministro que o anterior responsábel do departamento comprometérase a liberar o tramo de peaxe, “un compromiso que exhibiu en diversas ocasións nas súas viaxes a Galicia nas que chegou a sinalar que se realizaran xestións perante a concesionaria”.

Ademais, advirte a Ábalos da indignación e o malestar existente en Vigo e ínstalle a proceder a eliminar canto antes esta taxa.