Novas

En Marea insta ao novo presidente da CHMS a aprobar plans de rexeneración dos ríos Pesqueira, Azúmara ou Barbaña

photo5895298121267784588

Fernán Vello traslada ao Presidente do órgao de conca a necesidade de recuperar ríos que sofren continuos ataques medioambientais e a necesidade de aplicar políticas preventivas

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/8308a0f6-4608-441b-b042-e77dde961a92/PREGUNTA_CHMS_REXENERACIÓN_RIOS.pdf

Madrid, 12 de setembro 2018.  O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentare dirixida ao novo Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil (CHMS) para demandarlle a aprobación de Plans de rexeneración de ríos que sofren constantes verteduras como son o Pesqueira, o Azúmara ou o Barbaña.

O deputado de En Marea por Lugo explica ao Presidente da CHMS as diversas iniciativas parlamentares presentadas por En Marea en relación aos ataques medioambientais que padecen concas fluiviais que no pasado foron “destacados ríos troiteiros e que pasan por paisaxes de grande riqueza, caso do Pesqueira, e que actualmente se atopa nunha situación de práctica morte biolóxica”. Razón pola que o empreza a dar luz verde a un Plan de recuperación deste emblemático río obxeecto de numerosos verquidos.

Os ríos vivos son unha fonte de riqueza

Tamén pon o foco sobre outro cauce fluvial, o río Azúmara, que no seu tramo final, desde Castro de Rei até a súa desembocadura, posúe varios quilómetros de pesca sen morte e destaca por ser unha zona de pesca tradicional, mais tamén é obxecto de ataques contaminantes aos que se debería pór fin. Asemade, lembra a contaminación do río Barbaña en Ourense e pregúntalle a que se debeu o vertido do pasado 5 de setembro. “Abriu expediente sancionador por esa vertedura?”.

Fernán Vello recolle a predisposición amosada polo Presidente da CHMS de loitar contra a contaminación fluvial e mellorar a calidade das augas, para instalo a atender estas peticións que van na mesma liña. Nese sentido, pediu medidas preventivas e amosou o seu dispór a reunirse co responsábel da Confederación Hidrográfica do Miño Sil para poder abordar estas cuestións.

“Vai interesarse o presidente da CHMS pola degradación que sofren ríos como os mencionados? Está nos plans do órgao de conca incrementar as sancións por efectuar vertidos contaminantes aos ríos? Non cre que o feito de poder contar con ríos vivos, sans e limpos supón unha fonte de riqueza non so medioambiental senón tamén económica e social?”.