Novas

En Marea insta a Defensa a negociar un novo convenio co Concello de Ferrol 

photo_2018-03-07_16-11-50

Yolanda Díaz pide deixar sen efecto o acordo do 2015 e a devolución dos 140.000 euros que tivo que pagar a administración local.

Iiniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/a2b8e9b7-7350-42e7-87dc-282d52fe9133/PNL_comisio_n_CONVENIO_DEFENSA_FERROL.pdf

Madrid, 3 de xullo de 2018. O grupo de En Marea no Congreso rexistrou este martes unha Proposición non de Lei instando ao Ministerio de Defensa a negociar e elaborar un novo Convenio entre o Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento de Defensa (INVIED) e o Concello de Ferrol coa finalidade de que sexa máis acorde coas novas condicións e necesidades de carácter urbanístico, tanto para o Concello como para o Ministerio.

Nesta mesma iniciativa, asinada por Yolanda Díaz, En Marea pide resolver e deixar sen efecto o Convenio asinado no ano 2015 para a cesión de parcelas desafectadas de usos militares así como devolver á Institución Local o importe íntegro do pago do 25% do monto total estipulado no citado Convenio,  140.032 euros e que o Concello fixo efectivo no momento da sinatura do acordo.

A deputada Yolanda Díaz  lembra que o plantexamento que deu orixe á redacción e sinatura deste e dos anteriores convenios podería ser completamente viable no ano 2000, mais converteuse nun sinsentido a día de hoxe, xa que a perda de poboación e de capacidade económica da administración local fai que toda esa superficie de terreo que “cede” o Ministerio en solo rural ao Concello supoña unha carga económica para este, xa que se trata de recibir edificacións en estado ruinoso que necesitarán dun importante investimento, e incluso algunha precisaría da súa recalificación e aumento de plusvalía ao tratarse de zonas incluidas en plans sectoriais de solo industrial de carácter supramunicipal. En cambio, sinala a deputada de En Marea, todas as instalacións que Defensa ten en chan urbán que poderían servir para potenciar a cidade mantéñense ocupadas polo Ministerio pero sen optimizar o seu uso, moitas veces sen un mantemento adecuado.

Así mesmo, Díaz manifestou que o xusto, a día de hoxe, sería que este convenio conteña beneficios para todos. Ao Ministerio de Defensa este acordo permítelle eliminar cargas patrimoniais e axustar as súas propiedades ás necesidades reais da administración. E á cidade de Ferrol, o Convenio permítelle o aumento do seu patrimonio, o que pode significar o aumento dos servizos á poboación, así como o crecemento como cidade compacta e sostible. Así, sentencia a deputada de En Marea, o Concello debería colaborar no convenio exercendo as súas competencias en materia de urbanismo, restituíndo terreos que se van incorporando  á cidade e ao proceso urbanístico, non comprando parcelas a outras administracións.