Novas

En Marea insta a Fomento a modificar o proxecto de estación intermodal de Ourense para mellorar a mobilidade e a permeabilidade

2015-06-01180332_thumbnail_1431939233

A deputada Alexandra Fernández, en colaboración con Ourense en Común, presentou no Congreso unha proposición non de lei na que se trasladan propostas de mellora.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/f64542ef-bce3-4a38-9c80-5d305314bdbd/PNL_MODIFICACIO_N_PROXECTO_ESTACIO_N_INTERMODAL_OURENSE.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/a8bb5235-3e3b-4f0e-83d9-3ed6b61c83a4/PREGUNTA_PROXECTO_ESTACIO_N_INTERMODAL_OURENSE.pdf

Madrid, 13 de novembro 2018.  A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou na Cámara Baixa unha proposición non de lei e unha serie de preguntas para que o Ministerio de Fomento (Adif) modifique o proxecto de Estación Intermodal de Ourense cuxo Estudo Informativo foi sometido a información pública e hoxe remata o prazo para presentar alegacións.

Non se cumpren os obxectivos do Convenio Marco 

A deputada de En Marea, en colaboración con Ourense en Común, explica a Fomento os problemas dos que adoece o proxecto presentado que non cumpre cos obxectivos establecidos no Convenio Marco de Colaboración asinado entre o Ministerio, a Xunta, o concello e Adif para a Estación Intermodal. “O plan presentado non mellora a mobilidade sustentábel de xeito eficiente porque non aporta unha saída autónoma aos 261 autobuses diarios previstos. Polo tanto, a conxestión de tráfico na contorna da estación aumentará un 200%”.

Ademais, o proxecto non supón unha mellora da permeabilidade transversal da cidade no entorno da estación, profundizando así a fenda existente entre os bairros de A Ponte e Praza de Santa Mariña. Ademais, resalta que non se liberen espazos fundamentais ocupados por vías ou antigas construcións en estado de abandono, o que obriga a situar o caixón ferroviario moi perto da Avenida Marín, un deseño que  terá un impacto negativo na calidade da vida”.

Estas e outras deficiencias son transmitidas a Fomento nas iniciativas rexistradas, razón tamén pola que se presentaron numerosas alegacións ao proxecto. A deputada de En Marea pide a Fomento que teña en conta as alegacións e proceda a redefinir o proxecto de Estación Intermodal para melloralo. Salienta que tamén o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia se ten manifestado no mesmo sentido.

Razón pola que insta ao Ministerio a correxir o proxecto de xeito que se cumpra co propósito de mellorar a mobilidade sustentábel, a permeabilidade transversal da cidade na contorna da estación ferroviaria e de xeito que se liberen os espazos ocupados por vías e antigas construcións. É preciso que Ourense teña unha Estación Intermodal que se integre plenamente coa cidade sen impactos negativos na dinámica urbana.