Novas

En Marea interésase en Celeiro pola avaliación do sector pesqueiro sobre a repercusión do pre acordo do Brexit en materia de pesca

photo_2017-05-26_12-32-20

O deputado Miguel Anxo Fernán Vello mantivo unha xuntanza con representantes do Porto e do sector pesqueiro en Celeiro (Viveiro), aos que entregou a recente resposta do Goberno sobre a caída dos prezos da pescada en Celeiro na que indica que as importacións de Irlanda pasaron en 2016 do 4,4%, en 2017 ao 11,85% e en 2018 ao 34%. 

Resposta: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/4a3e255f-87d8-453c-a19a-a02acf3fd656/BAIXOS_PREZOS_PESCADA_CELEIRO.pdf

Celeiro, 16 de novembro 2018.  O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello realizou este venres unha visita ao Porto de Celeiro onde mantivo unha xunta coa dirección e personal do porto e co patrón maior da Confraría.

O parlamentar de En Marea afirmou que “o Porto de Celeiro, e tamén o de Burela, son dous importantes motores da actividade económica da Mariña. Veño como deputado por Lugo a escoitar e coñecer a actividade e iniciativas portuarias, así como a situación do sector pesqueiro de Celeiro, moi coñecido pola pescada”.

Temas de interese: Brexit, cotas pesqueiras UE e prezos da pescada

Fernán Vello tiña como prioritario preguntar ao sector pesqueiro pola súa avaliación e posición en relación ao borrador de Acordo acadado entre a UE e Reino Unido no Brexit no que atinxe á cuestión da pesca. “Interésanos o punto de vista da frota polo impacto que pode acarrear. O sucedido onte no Parlamento británico aporta moita incertidume. O pre acordo é un balón de oxíxeno para a nosa pesca dado que establece unha transición de dous anos, un respiro temporal para ir traballando cara algo estábel no futuro”.

Neste sentido, aportou o compromiso de En Marea para demandar ao Goberno Sánchez unha especial preocupación, control e vixianza e presión perante a UE para que a cuestión pesqueira estea omnipresente nas negociacións do Brexit, e informe en todo momento. Ademáis de periodos transitorios como pedía o sector pesqueiro, é importante lograr acordos estábeis no futuro para manter o acceso histórico de frotas europeas ás augas británicas”.

Ademáis, o parlamentar de En Marea interesouse pola avaliación en relación á proposta de TAC´s e cotas de pesca que fixo a Comisión Europea e que será analizada a vindeira semana polos estamos membros. Precisamente estes días produciuse a xunta entre o Ministerio e as CC.AA. Outro dos temas de interese do deputado de En Marea son os estudos científicos rigorosos sobre o stock da pescada e a situación da biomasa.

Resposta do Goberno: medre das importacións de Irlanda e prezos en Celeiro

O parlamentar de En Marea entregoulles a iniciativa rexistrada no Congreso en relación á brusca caída dos prezos da pescada no pasado mes de xullo, na que pedía ao Ministerio unha investigación sobre as causas desa rápida baixada de prezos que prexudicou ao sector pesqueiro.

Recentemente, nestes días, Fernán Vello recibiu resposta do Goberno na que indica que os prezos da pescada en maio, xuño e xullo estaban por riba de 3 euros/kg en Celeiro, e que a media estatal está algo por riba de 4 euros/kg, o que supón un recoñecemento da pior situación dos prezos en Celeiro. Ao tempo que pón de manifestó que os prezos das importacións de peixe de Irlanda andaban en torno a 2eu/kg. Factor que pode explicar a caída dos prezos da pescada na Mariña. Segundo o Executivo, as importación de Irlanda pasaron en 2016 dun 4,4% elevándose a un 11,85% en 2017, e en 2018 situáronse nun 34%.

O deputado de En Marea demandaba ao Goberno campañas de información para distinguir a pescada de Celeiro doutras de inferior calidade e ante as importacións doutro tipo.

Download (PDF, 31KB)