Novas

En Marea ironiza sobre a sostenibilidade da costa do PP e lémbralle que foi o seu Goberno quen prorrogou a concesión a ENCE

photo_2017-04-27_09-56-55

Alexandra Fernández interviu na comparecencia do Subsecretario de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente ao que lle formulou preguntas sobre o saneamento de Vigo, Santiago e Ourense, criticou a falla de atención ao lácteo e á pesca así como a política forestal do “trinomio mortal ENCE-eucalipto-lumes”

Madrid, 27 de abril de 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, interviú esta mañá na comparecencia do Subsecretario de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, no marco das comparecencias de altos cargos con motivo dos Orzamentos Xerais do Estado 2017, ao que lle trasladou tanto unha crítica xeral pola redución orzamentaria do MAPAMA como unha serie de cuestións relativas aos saneamentos e depuración de augas en Galiza, sobre o sector lácteo, a pesca e a falla de investimentos en investigación agraria e mariña.

Alexandra Fernández criticou a redución do orzamento total do Ministerio nun 8% “aprofundando dos recortes que vostedes levan practicando nestes anos e que diminuiron nun 30% os recursos do MAPAMA”. Reprochoulle a importante diminución das partidas destinadas a investigación agraria e mariña, cunha redución do 32% no agro e dun 6,8% na investigación pesqueira”. Acusou ao Goberno de “resignarse a xestionar as políticas da UE”.

Nin sectores produtivos nin protección da costa: ENCE segue na Ría de Pontevedra
Censurou a falla de atención a sectores estratéxicos en Galiza como o lácteo e a pesca “pero que vemos non son estratéxicos para o estado español”. “O sector lácteo galego é un dos de mais peso no estado, pero que desde hai anos arrastra unha crise importante debido aos baixos prezos do leite en orixe. De igual xeito, a pesca viuse sometida a constantes recortes nas cotas nos últimos anos e parece que só a condenan ao desguace”.

A deputada de En Marea foi especialmente dura coas políticas do PP en relación á proteción da costa. “Vostedes incorporaron retóricamente o concepto de sostenibilidade da costa, pero seguen a defender os intereses das empresa. Foi un Goberno do PP, mediante unha resolución da Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa, quen en xaneiro de 2016 otorgou unha prórrgoa de 60 anos á ENCE na Ría de Pontevedra. Por tanto, a contaminación continúa”. Tamén censurou a “falla de escrúpulos do PP á hora de dar vía libre a plantas de acuicultura” en espazos de grande valor”.
“Vostedes siguen instalados no modelo especulativo do litoral”. A deputada de En Marea puxo de manifesto que en materia forestal “é ENCE quen xestiona o modelo forestal en Galiza. Cun trinomio mortal para os nosos montes: ENCE-eucalipto-incendios. Prevén potenciar as especies autóctonas?”.

Depuradoras e saneamentos de interese xeral: pende unha multa da UE

No que atinxe ao capítulo de saneamento e depuración de augas, Alexandra Fernández preguntou ao Subscretario sobre a depuradora de Vigo que conta cunha partida de 16,4 millóns de euros para este ano: “Son únicamente para facer as probas? Estará en marcha este ano? Van incluir a demanda dos veciños de facer un área verde de protección da EDAR?”.

Asemade, Alexandra Fernández aludiu ao saneamento de Santiago de Compostela “sen partida para este ano, e con unha proxeción futura cuxa maior dotación sería para o 2020 con 16 millóns cando é unha das poboacións advertidas pola UE. Preguntou tamén polos Interceptores Xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol, con 1,7 millóns para este ano. Van remátalo?”. Preguntou tamén polo saneamento de Ourense, cando o van rematar?”

A parlamentar de En Marea pediu ao alto cargo do MAPAMA concreción sobre o denominado Plan Crece e as partidas para Galiza. “A que están destinadas e a onde?”. De igual maneira, aludiu ás cantidades xenéricas baixo a denominación de Proteción e recuperación da Costa en A Coruña e Lugo pero sen concreción. “A que áreas afecta?”.

No que atinxe ás Confederacións Hidrográficas, reprochou que “siga o guión de partidas sen contido nin concreción. Auténticos brindis ao sol”, e lembrou que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é unha das máis explotadas polas eléctricas e necesitadas de investimentos para rexenerar a conca”.

RESPOSTA DO SUBSECRETARIO:

No turno de réplica, o representante ministerial non entrou a respostar ningunha das cuestións concretas plantexadas por Alexandra Fernández e limitouse a facer aseveracións de carácter xeral, reñecendo que o orzamento do MAPAMA descendeu, afirmou que o Goberno “atendeu con sensibilidade ao sector lácteo”, e que as cotas en pesca son necesarias.
No que atinxe ao saneamento, o Subsecretario indicou que o obxectivo do Plan Crece “é o de evitar a multa da UE”, alegando que se están a levar a cabo actuacións para que se paralicen os expedientes sancionadores e evitar a multa”. Pero en ningún momento deu resposta ás preguntas concretas formuladas pola deputada de En Marea, quen lle entregou por escrito as cuestións relativas a Galiza.