Novas

En Marea leva ao Congreso as continuas cancelacións de trens en Ferrol

photo5794035853423652079

 

A deputada de En Marea Yolanda Díaz pregunta ao Goberno se vai a abordar a mellor dos servicios ferroviarios nas liñas que unen Ferrol e A Coruña e Ferrol e Ribadeo

Madrid, 28 de agosto de 2018. En Marea vén de preguntar ao Goberno por escrito sobre as cancelacións que os servicios ferroviarios con saída ou destino en Ferrol están a sufrir nos últimos meses.

Yolanda Díaz, deputada ferrolán, fai mención as constantes cancelacións de servicio que se producen nos últimos tempos, e que tiveron o seu cume na cancelación o pasado 21 de agosto de ata 10 servicios dos 56 previstos. Estas cancelacións débense prinicipalmente a dous motivos: averías nos trens destinados a prestar o servizo e falla de persoal para a realización dos mesmos.

Díaz pregunta ao Goberno de Sánchez se ten pensado levar a cabo actuacións nas liñas e nos trens que permitan reducir o número destas cancelacións ao mínimo, así como cales son os motivos da falla de persoal para cubrir un servizos ordinarios, un tema no que En Marea leva xa presentadas varias iniciativas.

Do mesmo xeito, a deputada de En Marea preocúpase pola situación dos pasaxeiros que quedan sen servizo, así como polas compensacións ofrecidas por RENFE a estos usuarios. Moitos deles contan con esta liña como medio de comunicación principal entre núcleos rurais e a cidade de Ferrol.

Esta actuación de En Marea súmase a outras levadas a cabo con anterioridade. O pasado abril deste ano Yolanda Díaz preguntaba ao Goberno de Rajoy por que a única actuación prevista para a liña Ferrol-A Coruña era a licitación do estudo para o by-pass de Betanzos.

A deputada galega tamén fai referencia ao problema dos interventores, recordándolle ao Goberno que en Galicia non se cumplen os ratios de persoal de Renfe, como xa denunciou En Marea en xaneiro deste ano. Esta situación provoca que milleiros de viaxeiros ao ano viaxen sen título de transporte, cos inconvenientes que isto acarrea en materia de seguridade e dereitos dos pasaxeiros.