Novas

En Marea leva ao Congreso una iniciativa para a creación de axudas para as marisqueiras na Ría do Burgo

tone

Madrid, 29 de setembro de 2017. O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, presentou este venres no Congreso unha iniciativa para a creación de axudas para as marisqueiras na Ría do Burgo.

O obxectivo desta Proposición Non de Lei (PNL) é “iniciar de forma inmediata, en coordinación, no seu caso, co resto de Administracións con competencias na materia, todos os trámites necesarios para a creación de axudas específicas para as persoas que se dedican ao marisqueo na Ría do Burgo na Coruña ata que finalicen as obras de saneamento e rexeneración integral da Ría”.

As axudas, según o propio Gómez-Reino, debería manterse “ata que a ría recupere plenamente a súa capacidade produtiva”.

A iniciativa insta ao Goberno a que se habiliten “de forma inmediata” a “partida orzamentaria para este fin”.

Nos anos oitenta, a Ría do Burgo conformaba un rico parque de marisco, que chegou a producir ata 70.000 quilos anuais de ameixa fina da mellor calidade, e daba traballo a dous mil mariscadores/as, cunha capacidade produtiva do 80%.

Na actualidade, a súa capacidade produtiva apenas chega ao 20% e emprega a menos de cen persoas en actividades extractivas, xa que é unha de rías máis contaminadas de Europa polos vertidos tanto industriais como fecais.

Download (PDF, 1.48MB)