Novas

En Marea mostra o seu apoio ao Concello de Rianxo ante a denuncia dun bufete israelí

O grupo parlamentario de En Marea no Congreso e no Senado mostra sorpresa e indignación ante o que parece ser unha nova acción do goberno israelí contra aquelas corporacións que exisen o cumprimento da legalidade internacional e se mostran solidarias co pobo palestino

Madrid, 12 de agosto de 2018. O grupo parlamentario de En Marea no Congreso quere mostrar o seu total apoio ao Concello de Rianxo tras a denuncia presentada por un bufete de avogados israelí contra a corporación

A aprobación dunha moción presentada polas compañeiras de Rianxo en Común de apoio ao pobo palestino e de boicot aos productos israelís o pasado 31 de maio foi o detonante dunha acción xudicial tras a que parecera estar unha inxerencia do Estado de Israel. Outras denuncias similares foron presentadas no pasado contra outros concellos galegos, concretamente contra os Concellos de Santiago de Compostela e Teo.

Desde En Marea denunciamos esta nova intento de Israel de intervir e silenciar, no marco da xustiza española, a aqueles que demandan o cumprimento da legalidade internacional, denunciando a ilegal política de colonias e asentamentos e mostrando a súa solidariedade con Palestina. Ao igual que se pide na moción aprobada por unanimidade, instamos ao Goberno a poñer fin as relacións privilexiadas que se manteñen co Estado de Israel.