Novas

En Marea mostra a súa preocupación despois de que a SEPI e Navantia confirmen que seguimos sen carga de traballo

photo5987867104721874396
Yolanda Díaz esixiu ademais responsabilidades ante a renuncia ao proxecto Tamandaré en Brasil.
https://www.youtube.com/watch?v=TDcWJq-HUOo&feature=youtu.be
Madrid, 7 de novembro de 2018.  A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, interviu este mércores nas comparecencias do presidente da SEPI e da presidenta de Navantia na Comisión de Industria, Comercio e Turismo.
A deputada insistiu en que o Goberno debe darlle a mesma importancia á consecución de contratos internacionais para Navantia ao igual que fan outros países.
“Navantia segue sen carga de traballo pero o Goberno segue sen explicar por qué vimos de renunciar ao contrato Tamandaré en Brasil, para a construcción de corbetas, alegando unha carga de traballo inexistente, cando Brasil sí respeta a lexislación internacional en materia de dereitos”, asegurou a deputada.
 En Marea xa ten presentado varias iniciativas para coñecer o coste e os logros das oficinas internacionais de Navantia, pero o Executivo aínda non respondeu.
A deputada preguntou tamén á presidenta de Navantia sobre o proxecto rexeitado de Brasil e sobre as F-110, que poden xerar 7.000 ou 9.000 postos de traballo anuais. “Cales son as previsións comerciais co novo Goberno respecto á presenza de Navantia no mundo? Cal é a sua opinión da renuncia ao contrato con Brasil, que respeta a legalidade internacional?”.
Díaz tamén insistiu na súa intervención que seguiremos a esixir os datos dos contratos con Iberdrola para a construcción das jackets porque “puxemos ao seu dispor un millón de metros cadrados e non coñecemos baixo qué condicións”.
A voceira en Industria tamén falou na súa comparecencia da necesidade de un plan industrial para Navantia no que prime “un rexuvenecemento da plantilla” cunha tasa de reposición de un a un e ademais “non imos aceptar unha reducción de persoal”.
 Finalmente, a deputada tamén preguntou polas previsións para ter contratos relavantes para Navantia máis alá da acción militar, sen obter unha resposta clara do Goberno.