Novas

En Marea no pleno do Congreso: “Devolvan o Pazo de Meirás ao pobo galego”

photo5861892071797927508

 

Madrid, 26 de setembro de 2018. O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, preguntou este mércores no pleno ao Goberno se pensa investigar o patrimonio da familia Franco e se colaborará para devolver o Pazo de Meirás ao pobo galego.

“Queremos prazos e respostas sobre o Pazo de Meirás, para devolvelo á cidadanía galega, da que nunca debeu saír. Galicia precisa e esixe pechar a páxina da vergoña”, asegurou o deputado.

En Marea fixo tres peticións ao Executivo:

– Devolver o Pazo de Meirás ao pobo galego
– Abrir unha investigación sobre o patrimonio ilexítimo dos Franco.
– Erradicar os privilexios contrarios á Lei e dignidade democrática.

O deputado fixo un repaso dos títulos nobiliarios que aínda manteñen os herdeiros da cúpula franquista, “descendentes de criminais de guerra”, lembrou Gómez-Reino, sinalando que “estes títulos esperpénticos foron renovados en democracia por gobernos socialistas”.

“O franquismo foi un réxime golpista, sanguinario e corrupto. O seu Caudillo, ademais dun asasino, foi un ladrón miserable, desviando fondos públicos para as súas contas persoais”, afirmou, lembrando que “os herdeiros de Franco están disfrutando do roubado e búrlanse de nós”.

O Goberno recibiu con boa aceptación a proposta de en Marea, sinalando que “estamos en liña en para traballar nesta dirección”.