Novas

En Marea: “O novo ministro de Fomento debe esixir á Ciaf que reabra a investigación sobre o Alvia e cumpra co criterio de independencia”

photo5821111580660706497

A deputada Alexandra Fernández asegurou que a axencia ferroviaria de transporte sinala “que non se cumpriron os requisitos na investigación do accidente e que o Estado español non está facendo nada para levar a cabo a investigación. Non está cumprindo a normativa europea ferroviaria”.

Audio: https://bit.ly/2sBoJj8

Madrid, 7 de xuño de 2018. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, asegurou este xoves á saída da Comisión de Investigación do accidente do Alvia que esta esta Comisión “ten que coller ritmo o antes posible” e esixiu ao novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, que reabra a investigación sobre o Alvia e cumpra co criterio de independencia.

“O novo ministro debería asumir a responsabilidade e esixir á CIAF que reabra a investigación”, insistiu Fernández.

A deputada sinalou que esta Comisión “ten que coller ritmo o antes posible” e anunciou que as comparecencias comezarán xa en xuño e xullo será hábil para os traballos da Comisión “para sacar adiante o maior número de comparecencias”.

“Primeiro comparecerán as plataformas de vítimas, despois técnicos e despois cargos políticos cunha lóxica de maior a menor segundo o rango que ocupen”, afirmou Fernández, que lembrou que En Marea plantexou a posibilidade de que sexa a plataforma de vítimas a que peche tamén a Comisión.

“Entendemos que é importante escoitar a valoración final da plataforma. Esta comisión é para dar unha resposta á demanda da plataforma polo que é imprescindible que den a súa opinión”, avanzou a deputada, que asegurou que “non houbo consenso con todos os grupos pero deixaremos abertar a posición para chegar a un acordo”.

Ademais, a parlamentar falou da súa xuntanza coa Comisaria Europea de Transportes,Violeta Bulc, que lle concretou que a axencia ferroviaria de transporte “asegura que non se cumpriron os requisitos na investigación e que o Estado español non está facendo nada para levar a cabo a investigación. Non está cumprindo a normativa europea ferroviaria”.