Novas

En Marea participa na elaboración da Lei de estabilidade no emprego

photo6048850550788828017

Este venres comezaron no Congreso os traballos para a elaboración desta lei, que pretende regular a contratación parcial e temporal, foco do traballo precario. 

Madrid, 9 de febreiro de 2018. Esta mañá comezaron no Congreso os traballos para a elaboración dunha Proposición de Lei para o fomento da estabilidade no emprego, para regular especialmente a contratación temporal e a contratación a tempo parcial.

Esta nova iniciativa do Grupo Confederal estará coordinada pola deputada de En Marea, Yolanda Díaz e o portavoz da Comisión de Emprego, Alberto Rodríguez, na que ademais participa en calidade de experto, o deputado de En Marea no Parlamento de Galicia e economista, Manuel Lago.

O obxectivo principal desta lei é a regulación do contrato temporal sobre a base da estabilidade no emprego, para loitar “contra a taxa de temporalidade no emprego”, que golpea con máis dureza entre as mulleres, que en Galicia se sitúa nestes intres ao redor do 28,4%.

En segundo lugar, a intención é regular e loitar contra unha nova forma de precariedade no emprego, como é o contrato a tempo parcial, onde, de novo, as mulleres son as grandes perxudicadas. Nestes intres a taxa de parcialidade sitúase en Galicia no 15%.

Un dos eixes principais  desta iniciativa “é loitar contra o abaratamento do despido, desincentivar o fraude e contratación irregular, e establecer mecanismos que permitan demandar con seguridade os casos de irregularidades na contratación” ademais de incluir “a readmisión obrigatoria ou similares mecanismos de regulación laboral”.

O equipo de expertos e expertas que participará nesta lei está formada por Catedráticas de Dereito do Traballo como Antonio Baylos, María Amparo Ballester, Juan Vicente López Gandía, as profesoras, Amparo Merino, Joaquín Pérez Rey, María Esther Carrizosa, Maravillas Espín e Héctor Illueca e os economistas, Manolo Lago e Nacho Álvarez.

 

photo6048850550788828021