Novas

En Marea participa na elaboración da Lei de Violencias Sexuais

photo6046291879856810833

Madrid, 9 de febreiro de 2018. Este venres celebráronse no Congreso as xornadas para a elaboración dunha Proposición de Lei de Violencias Sexuais, que coordina a deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, e na que participan outras deputadas do grupo confederal e numerosas expertas de todo o Estado.

“Após a negociación e aprobación do informe do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero atopámonos nunha situación de impass provocada pola inacción e a falta de vontade do Goberno de Rajoy. A nosa posición neste pacto foi crítica, e aínda que consideramos que hai elementos que merecen celebración, hai algunhas cuestións esquecidas que nos preocupan enormemente, e sen dúbida un deses aspectos son as violencias sexuais”, sinala a deputada de En Marea, Ángela Rodríguez.

O obxectivo é facer unha lei para defender o  dereito das persoas á erradicación das violencias sexuais e o desenrolo da liberdade sexual, que afectan ás mulleres e nenas de xeito desproporcionado.

As deputadas e expertas falaron durante esta xornada sobre cal sería el obxecto da lei, de medidas de sensibilización, prevención y detección, dos dereitos das mulleres vítimas de Violencia machista ou da tutela institucional dos mesmos, entre outras moitas cuestións.

Na xuntanza participaron, entre outras, Inés Herreros, Justa Montero, María Naredo, Begoña Sanjosé, Patricia Faraldo, Itziar Ruiz-Giménez, Patsilí Toledo, Sonia Puente ou Montse Pineda.

photo6046291879856810835