Novas

En Marea pide amparo ao Executivo para a Flotilla da Liberdade Rumbo a Gaza

photo5963272146300021886

O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, firmou unha carta dirixida ao ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Josep Borrell, para pedirlle amparo para a Flotilla da Liberdade Rumbo a Gaza.
Madrid, 26 de xullo de 2018. O deputado de En Marea Antón Gómez-Reino e varios integrantes do Intergrupo de Amizade con Palestina do Congreso dos Deputados de Unidos Podemos – En Comú Podem – En Marea, Compromís e o PSOE enviaron unha carta ao ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Josep Borrell, para pedirlle amparo para a Flotilla da Liberdade Rumbo a Gaza, que previsiblemente chegará nos próximos días.

Ante a previsión de que teña lugar un asalto da Armada de Israel aos barcos, as firmantes da carta piden ao Goberno un pronunciamiento en defensa do dereito á libre navegación en augas internacionais e a liberdade de circulación de persoas e mercancías desde e cara a Gaza.

Ademais, as deputadas e deputados demandan a posta en marcha de accións concretas para cumprir e facer cumprir a postura tradicional de España e a Unión Europea con Palestina e Israel, que contribúan a poñer fin ao bloqueo a Gaza, o cese do comercio cos asentamentos israelís e polo dereito a un Estado propio.

Así mesmo, solicitan ao ministro Borrell atención consular das tres acodes españolas, Lucía Mazarrosa, Emilia Nacher e Francisco Canales, que viaxan na flotilla, que xunto Zohar Chamberlain Reguev, cidadá israelí residente en España, serán a representación de Rumbo a Gaza na flotilla internacional.

 

Download (PDF, 158KB)