Novas

En Marea pide ao Goberno que condene o ataque a un autobús escolar en Yemen e prohíba a venta de armas a Arabia Saudita

O deputado Antón Gómez-Reino cree que o Goberno debe reaccionar ante os graves ataques que está a sufrir a poboación civil de Yemen por parte do reino saudita: “É inaceptable que sigamos vendendo armas a dictaduras que as empregan en conflictos armados contra a poboación civil”

Madrid, 10 de agosto de 2018. O deputado de En Marea Antón Gómez-Reino ven de presentar perante a Mesa do Congreso unha serie de preguntas dirixidas ao Goberno en relación ás relacións que o Estado español mantén con Arabia Saudita.

O grave ataque que no día de onte o exército saudita realizou contra un autobús no que viaxaban nenos na rexión yemení de Dahian, e no que morreron un total de 50 persoas e resultaron feridas 77, pon de novo sobre a mesa a cuestión da venta de armas que o Goberno autoriza ao réximen saudíta e o uso que este fai contra a poboación civil.

“É inaceptable que sigamos vendendo armas a dictaduras que as empregan en conflictos armados contra a poboación civil”, denuncia o deputado galego. “Cantos nenas, nenos e civís teñen que morrer para que o Goberno español, antes do PP e agora do PSOE, diga e sobre todo faga algo?”.

Gómez-Reino, xunto a outros tres deputados do Grupo Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, cuestiona ao Goberno sobre cal vai ser a súa postura ante os devanditos ataques e se ten pensado posicionarse públicamente: “Sabemos o que pensan a cidadanía galega e do conxunto do Estado, agora queremos saber que pensa o Goberno e se está disposto dunha vez a acabar co comercio de armas con este países”.

Ademais, desde En Marea tamén se critica a expulsión do embaixador de Canadá ante o Reino de Arabia Saudita. En relación a esta cuestión, Gómez-Reino e o resto de deputados e deputadas interpelan ao Goberno sobre se este non ten pensado pronunciarse ante esta rotura de relacións diplomáticas e comerciais cun país socio de España e que se ten caracterizado polo seu papel de intermediación na comunidade internacional.