Novas

En Marea pide ao Goberno que ofreza un porto seguro ao pesqueiro que rescatou 12 migrantes no Mediterráneo

photo5904531837097717575
Madrid, 29 de novembro de 2018. A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, pediu ao Goberno que busque unha solución “de urxencia” ao barco  de Santa Pola “Nuestra Madre Loreto”, que faena no Mediterráneo e que rescatou fai uns días a 12 persoas migrantes e refuxiadas que foran abandonadas despois do paso dunha patrulla libia.
“A situación no pesqueiro español é de extrema urxencia. Temos a obriga de buscar un porto seguro que xa se lles tería dado se España e Europa cumprisen as súas obrigas para a protección da vida”, sinala a senadora.
Ante esta situación, Angustia solicita ao ministro de Exteriores español que o Goberno garantice o desembarco dos migrantes nun porto seguro en España.
“Estamos preocupados polas declaracións e a actuación do Goberno, que banaliza a situación e apoia e participa na negociación de devolución a Libia, onde esas persoas poden ser convertidas en esclavas. Libia non é un porto seguro e así o recoñeceu a Comisión Europea e Nacións Unidas”, insistiu a senadora.