Novas

En Marea pide ao Goberno que retire o premio de tauromaquia que lle concedeu a José Padilla

Tone Rolda2308

Madrid, 13 de novembro de 2018. O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, rexistrou unha batería de preguntas no Congreso para esixir ao Goberno que retire o Premio Nacional de Tauromaquia, que neste ano concedeu ao polémico toureiro José Padilla.

“Por que motivo mantén o Goberno un Premio Nacional que enxalza a labor de persoas que exercen a tortura reglamentada dun ser vivo? Considera o Goberno coherente outorgar galardóns a unha práctica de recoñecido maltrato animal, ilegalizado en gran parte do planeta?”, pregunta o deputado.

En Marea esixe a retirada deste premio e pregunta ao Executivo cando pensa retirar este galardón e a súa actual dotación económica.

Download (PDF, 90KB)