Novas

En Marea pide que se coloque en Alvedro o operativo de aproximación por GPS para evitar cancelacións e desvíos

photo5798482441655135933

A deputada Yolanda Díaz tamén denuncia a exclusión de titulados universitarios na convotaria das oposicións de AENA.

Audio: https://bit.ly/2QqBgnN

Preguntas sobre Oposicións en AENA
https://bit.ly/2EdtKFz

Preguntas sobre o nomeamento do xefe técnico de Alvedro
https://bit.ly/2G74ALh

Preguntas sobre o horario laboral en Alvedro
https://bit.ly/2Leer0R

Resposta da PE sobre o horario de Alvedro
https://bit.ly/2C05B3s

Preguntas sobre as cancelacións en Alvedro
https://bit.ly/2B3NSGR

Preguntas sobre o incumprimento dos riscos laborais
https://bit.ly/2B8uo3E

Preguntas sobre a ampliación de Alvedro
https://bit.ly/2QLeEO1

A Coruña, 10 de decembro de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes sindicais de CCOO da plantilla de AENA e ofreceu unha posterior rolda de prensa para denunciar as carencias do aeroporto e presentar varias iniciativas para mellorar o seu funcionamento, como a prevención de riscos e a operatividade para evitar cancelacións, coa colocación do operativo de aproximación por coordenadas de GPS.

“Pedimos que se coloque o operativo de aproximación por coordenadas de GPS, é o que provoca as cancelacións e desvíos. Tamén queremos saber prazos e orzamentos”, insistiu Díaz.

Pola súa banda, García Abilleira, presidente do Comité de Alvedro e coordinador de mantemento da central eléctrica, insistiu en que a “aproximació por coordenadas permitiría reducir o número de desvios”.

“Resulta chamativo que un aeroporto como o de Teruel, teña ese sistema, a pesar de ser un aeroporto que só se adica ao desguazamento”, explicou.

A deputada tamén detallou que En Marea fixo denuncias “cos procesos de selección, os horarios dos empregados, fundamentalmente os equipos de bombeiros”. Ademais, denunciamos “as esixencias da titulación que se precisa para acceder a certos postos no areoporto, tamén sobre o plan director paralizado”, asegurou a deputada, que recoñeceu que grazas a este traballo “moitas denuncias xa se correxiron”.

Díaz insistiu en que aínda “quedan cousas por facer”, entre outras “porque se exclúen as xefaturas de sección dunha serie de titulacións”.

En Marea tamén presentou iniciativas para coñecer as causas polas que se concentaron unha serie de sinistros a razón de un por ano: “Queremos saber os motivos e pediremos a ampliación da plataforma ao outro lado da pista, para ter unha zona nova para ampliar para outros voos comerciais”, afirmou a deputada.

No que atinxe ao plan director, o Goberno contesta de forma esquiva, “non se nos dí nada sobre os orzamentos”. “Insistimos na necesidade do plan director para o País, é dunha enorme relevancia ter o plan definido”.