Novas

En Marea pide a comparecencia de Ábalos pola suba das peaxes da AP-9 e ínstalle a paralizala e “ter vontade política coas infraestruturas galegas”

photo5809885042955103827

Iniciativas:https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/1916514d-e4f0-4dda-add0-8585690e7123/PREGUNTA_SUBA_PEAXES_2019_AP_9.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/4516f9d8-afa0-4311-9543-8b3f4146b405/FOMENTO_AP_9_SUBA_PEAXES.pdf

Audio:

https://bit.ly/2QuOD6k

Vigo, 14 de decembro 2018.  A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, ofreceu unha rolda de prensa en Vigo este venres na que explicou as iniciativas polas constantes subas das peaxes na Autoestrada do Atlántico, a AP-9.

Manter a proposición de lei como está “sen tentacións de mutilala”

En primeiro termo, Alexandra Fernández avaliou postivamente “que por fin houbese unanimidade e lográsemos superar os vetos e as trabas dunha iniciativa que para nós ten uns obxetivos fundamentais”. Nesta liña, sinalou que por un lado, “a tramitación da proposición sobre a autoestrada achegará a xestión a Galicia e teremos maior capacidade de influencia. Ademais, así integraríase nas infraestrutruas galegas”. Mais recalcou, o importante para En Marea “é conseguir liberar de peaxes a AP-9”.

A deputada de En Marea puxo de manifesto que “estaremos atentas desde En Marea para que a tramitación se faga por vía urxente”.

Ábalos debe vir ao Congreso e parar as subas de peaxes

En segundo lugar, Fernández aludiu aos anuncios de novas subas de peaxes para xaneiro de 2019. “Coñecemos esta semana que se van incrementar de novo as peaxes para xaneiro. Demandamos a comparecencia de Ábalos no Congreso para que dea explicacións destas continuas aumentos nun contexto no que continúan os incrementos de beneficios de Audasa. Exiximos que acuda a sede parlamentar a dar explicacións sobre que medidas vai adoptar para paralizar esta politíca tarifaria abusiva. Propomos en iniciaivas que Ministerio impida a Audasa a seguer a subir as peaxes a partir de 2019 dada a súa mala xestión e o marco de aumento de beneficios”.

Por último, informou aos medios que En Marea demandou a comparecencia do Ministro ante o incumprimento do compromiso de eliminación da peaxe Vigo-Redondela. Fixo unha crítica da nula vontade do Ministro actual en relación ás infraestruturas galegas: “Cando ven a Galiza, o Señor Ministro o único que fai é plantexar auditorías, prolongacións de prazos cando o que precisamos é vontade política para solventer esta situación.

No turno de preguntas, a deputada de En Marea advertiu que a situación lonxe de arranxarse está a empeorarse e ten que ver coa política do Estado de priorizar outros territorios como o Mediterráneo.

A nosa solicitude de tramitación urxente veráse a semana vindeira nunha Mesa e agardamos que sexa aprobada. Nese sentido, a deputada apelou a todas as formacións políticas a aprobar unha tramitación urxente.