Novas

En Marea pide a comparecencia de Ábalos polo procedemento de infracción aberto pola UE ao Estado español en seguridade ferroviaria

photo5888649765296647966

Alexandra Fernández: “O anuncio de infracción da UE é moi grave. É un mazazo para o estado español que debe facer as modificacións pertinentes para que a CIAF cumpla nas súas análises cos criterios de rigor e independencia esixibles. E inmediatamente despois proceder á apertura dunha nova investigación na CIAF sobre o accidente do Alvia”

Madrid, 24 de xaneiro 2019. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, e portavoz na Comisión de Investigación sobre o accidente do Alvia, solicitou este mediodía a comparecencia urxente do Ministro de Fomento na Cámara para que acuda a explicar a posición do Goberno perante o anuncio por parte da Comisión Europea de un procedemento formal de infracción ao estado español por incumprimento coas diretivas comunitarias en materia de seguranza ferroviaria.

O Goberno español ten deberes urxentes que facer

Alexandra Fernández considera que “se trata dun auténtico mazazo ao estado español. O anuncio de infracción por parte da UE é algo moi grave que debe levar ao Goberno á adopción imediata de medidas, sen dilación. En primeiro termo, Ábalos debe demandar á CIAF unha nova investigación sobre o accidente do Alvia tal e como levamos tempo exixindo. A UE en liña co Informe da ERA pon en cuestión os traballos da CIAF en relación á investigación de accidentes ferroviarios como o de Angrois ou o de Porriño. Son moitas as ocasións nas que En Marea ten demandado unha nova análise por parte da CIAF porque non cumpriu cos criterios de independencia nin de ter incluido no Informe do Alvia as causas profundas do accidente”.

“Non todo vale: a UE castiga as mintiras”

A deputada de En Marea amosa a súa satisfación “polo que considera un paso de xigante que bota por terra a connivencia entre PP e PSOE, Fomento e empresas constructoras para tapar, silenciar, ocultar ou pasar páxina en  temas de tanta envergadura como a seguranza ferroviaria, a investigación de sinistros como o do Alvia onde houbo moitos fallos, responsabilidades e finiquita a teoría do culpábel único en alusión ao maquinista do Alvia”. Non todo vale. A UE castiga o mal facer, as mintiras, as manipulacións e os intentos de ocultación dos diferentes Gobernos do estado”.

Debe servir para cambiar

Mais alá do proceso de infracción aberto pola UE ao estado español neste tema, Alexandra Fernández pon a énfase en que “debe servir para que se opere un cambio, unha modificación na actitude e posición mantida até o de agora. Fomento debe tomar nota de imediato. Poñerse as pilas e empezar a facer as cousas ben: nova investigación do Alvia e tamén do accidente de Porriño, seguindo as normativas, solucionar os defectos que enfatiza a Comisión Europea como un maior control á hora de operativizar e certificar liñas por parte de Adif e Renfe. En definitiva, cumprir coas normas para primar sempre a seguridade por riba doutros intereses”.

Download (PDF, 42KB)