Novas

En Marea pide a comparecencia de Tejerina para informar dos acordos de pesca na UE

photo5931258520932559233

Madrid, 14 de decembro de 2017. O deputado e voceiro na Comisión de Agricultura e Pesca de En Marea, Antón Gómez-Reino, rexistrou este xoves unha petición de comparecencia da ministra Isabel García Tejerina para que informe sobre os acordos políticos alcanzados polo Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea (UE) sobre os Totais Admisibles de Capturas (TAC) e as cotas para o 2018 para as principais pblacións de peixes comerciais no Atlántico e no Mar do Norte.

En Marea quere que a ministra de explicacións sobre estos acordos e de todo o proceso de negociación, porque considera que o acordo acadado en Bruxelas supón un “novo ataque” á frota galega artesanal e de baixura.

“Abandoar a pesca artesanal e de baixura é por en risco o día a día de miles de galegos e galegas que viven do mar”, denunciou o deputado. 

Os recortes para este 2018 tanto para o xurelo como para a pescada ibérica supón máis “desleixo da UE cara a frota de pequena escala”.

Ante esta situación, “Tejerina terá que explicarnos as razóns”, insistiu Gómez-Reino.

Download (PDF, 271KB)