Novas

En Marea pide a comparecencia do Ministro de Interior para informar das actuacións policiais en Santiago

photo1767104620646438

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/8b007536-1b39-4ca9-8372-fd6e9aa97b17/SCC_Interior_Ministro.pdf

Madrid 15 de xuño de 2017. O deputado e voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, pediu a comparecencia do Ministro de Interior na Comisión da mesma área para que informe sobre as cargas policiais en Santiago e da actuación do delegado do Goberno

“Queremos que explique os motivos da carga policial totalmente inxustificada e desproporcionada levada a cabo por efectivos do Corpo Nacional de Policía (CNP) no casco monumental de Santiago durante a concentración celebrada en sinal de protesta polo desaloxo do centro sociocultural alternativo Escarnio e Maldizer”, sinala o deputado.

Ademais, en Marea tamén quere coñecer os motivos polos que se despregou un “dispositivo policial totalmente desmedido”, con 200 axentes do CNP despregados, un helicóptero sobrevoando a cidade e varias patrullas da Garda Civil nos accesos á cidade, con motivo da manifestación celebrada o 10 de xuño de 2017.

Durante o transcurso desta protesta, os axentes utilizaron porras extensibles e lanzaron pelotas de goma contra os manifestantes, provocando numerosos feridos, á vez que procederon á identificación de 116 persoas fronte ás que se incoaron expedientes administrativos con propostas de multas da Lei de Seguridade Cidadá de ata 30.000 euros.

O grupo de En Marea no Congreso tamén quere que o Ministro informe das declaracións vertidas polo Delegado de Goberno en Galicia na Radio Galega o 13 de xuño no sentido de que os servizos de información dos Corpos de Seguridade, Policía Nacional e Garda Civil, adícanse a “detectar persoas que coinciden ou se repiten de forma periódica en distintas manifestacións”.