Novas

En Marea pide a comparecencia no Congreso do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo

photo5875456613605813880

A deputada Alexandra Fernández solicita no Congreso dos Deputados a comparecencia do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique César López Veiga, e presenta á súa vez unha batería de preguntas ao Goberno encamiñadas a esclarecer o accidente acontecido durante o festival O Marisquiño

Solicitude comparecencia presidente Autoridade Portuaria de Vigo:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/93847dac-5106-4732-a1ee-fe7823e1fc0b/COMPARECENCIA_AUTORIDADE_PORTUARIA_VIGO.pdf

Preguntas ao Goberno sobre o accidente acontecido no Marisquiño:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/c717a128-b28e-4b71-a452-75b33aaa285b/PREGUNTA_DESPLOME_PASEO_MARI_TIMO_VIGO.pdf

Vigo, 24 de agosto de 2018. A deputada no Congreso dos Deputados Alexandra Fernández vén de solicitar ante o Congreso dos Deputados a comparecencia de Enrique César López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, para que explique ante a comisión de Fomento cales foron as causas do accidente acontencido o pasado 12 de agosto durante a celebración do Marisquiño.

Esta solicitude súmase á xa presentada o pasado 14 de agosto para que comparecese ante a devandita comisión a presidenta de Portos do Estado, María Ornella. En Marea busca con estas comparecencias esclarecer cales foron as causas do desplome do paseo sito no porto de Vigo.

Precisamente sobre cando se vai producir esta comparecencia pregunta tamén a deputada viguesa. Nunha serie de preguntas dirixidas ao Goberno, En Marea pregunta cales son os avances feitos na investigación e se xa se chegou a algunha conclusión.

Do mesmo modo, Fernández critica o cruce de acusacións entre o Concello de Vigo e a Autoridade Portuaria, culpando uns aos outros da responsabilidade do mantemento do devandito paseo. A deputada tamén fai fincapé sobre este punto, preguntándolle ao Goberno se se levou a cabo algún tipo de inspección periódica sobre a estructura que sustentaba o paseo marítimo.