Novas

En Marea pide explicacións ao Goberno por non defender a candidatura de Vigo como sede do Centro Europeo de referencia para crustáceos

DJ_sQhTXUAAoPGY

A deputada Alexandra Fernández: “Como se explica que non defenda esta candidatura após do sucedido co centro de referencia para moluscos? A que se debe o desinterese e indiferencia para cos intereses de Galiza? Esta o Executivo de Rajoy interesado en que o laboratorio fose para Dinamarca?”

A deputada de En Marea critica “a deixación de funcións do Goberno Rajoy e a debilidade e fraxilidade de Feijoó que denota ineficacia e inoperancia, ademáis de que non pinta nada”.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/c4268cd4-0907-4496-9d4b-e7cc694a0dfc/PREGUNTA_CENTRO_EUROPEO_CRUSTÁCEOS.pdf

Madrid, 2 de febreiro 2018.  A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, pide explicacións ao Goberno nunha batería de preguntas rexistradas na Cámara Baixa por non ter defendido perante a UE a candidatura de Vigo ao centro europeo de referencia para os crustáceos que vai para Dinamarca co voto favorábel de Rajoy.

A parlamentar de En Marea considera “inconcebíbel que após do sucedido co centro de referencia europeo para os moluscos, cun Feijoó desactualizado que nin se enteirou de que o Goberno do PP de Rajoy votara en maio pasado a favor do peche do centro de moluscos sen dar a batalla para que fose para Vigo, agora deixe escapar o centro de referencia para crustáceos sen defender unha posición propia na UE e incluso vote a favor de que vaia para Dinamarca”.

Fernández afirma que “este tipo de feitos demostran ás claras unha total deixación de funcións en canto a defender os intereses do estado español, e en concreto os de Galiza coa posibilidade de que Vigo albergase este centro de investigación. Non precisamos explicar a riqueza pesqueira e marisqueira do noso pais nin tampouco lembrar a importancia na investigación neste tipo de temas que fai o Oceanográfico de Vigo. A posición do Executivo de Rajoy así como a debilidade e fraxilidade do Presidente da Xunta respostan á política da inoperancia, da indiferencia e da ineficacia”.

O desinterese de Rajoy e a debilidade de Feijoó 

Alexandra Fernández tamén alude ao acontecido co laboratorio europeo de referencia para os moluscos bivalvos, cuestión na que o Goberno do PP “votou a favor do seu peche en Bruxelas a pesar da propaganda de Feijoó anunciando a posibilidade de que fose a Vigo. O Executivo de Rajoy, do mesmo partido que o de Feijoó, non lle comunicou que había meses que votara a favor do peche do centro de moluscos”. Un desmantelamento que contou “coa posición obediente sumisa do Goberno español, sen que tan siquera fixese o xesto de defender que fose para Vigo”.

Polas informacións publicadas nun diario galego, soubemos “doutro despropósito, o relativa ao laboratorio para crustáceos”. A finais deste pasado xaneiro, o Consejo Europeo ratificou a decisión de que fose para Dinamarca, “sen que o Goberno español  tivese nada que obxectar, nin puxou por Vigo e polos intereses de Galiza. Esta o Executivo interesado en que se sitúe en Dinamarca”.