Novas

En Marea pide explicacións a Fomento por autorizar a Audasa a incrementar nun 3,1% as peaxes da AP-9 a partir de 2018

53c38cd2ccc23-ap92

A deputada Alexandra Fernández pregunta ao  Ministerio se non tería que ter negado a autorización á AUDASA “dado o abusivo incremento”.

“Non debería o Ministerio mirar polos intereses xerais e porlle freno ao abuso da concesionaria?”

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/a4cfbb3c-3d46-4375-91cf-f3f25f942524/PREGUNTA_SUBA_PEAXES_AP_9.pdf

Madrid, 4 de decembro 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, dirixiuse ao Ministro de Fomento nunha batería de preguntas para pedirlle explicacións por ter autorizado á concesionaria AUDASA a incrementar as peaxes da AP-9 nun 3,1% a partir de xaneiro de 2018 e durante un periodo de tres anos.

Alexandra Fernández pregunta a Fomento se cre xustificada esta “abusiva suba nos prezos das peaxes”, e critica que o tivese autorizado. “De verdade cre soportable que os galegos e as galegas teñan que pagar cada vez máis por unha autoestrada que consideran amortizada e que é a vía fundamental que vertebra todo o territorio y sin una alternativa real? Non está a converterse a AP-9 en un auténtico robo para el pueblo”.

“Que intereses defende o Ministerio?

Ante a inacción do Ministerio de Fomento á hora de defender os intereses da maioría e máis cando ten argumentos xurídicos cos que parar o abuso, a inacción do Ministerio deixa claro de que parte se coloca. Non se pode permitir que dende as institucións se defendan os intereses dunha empresa fronte aos intereses xerais.

A deputada de En Marea pide a Fomento que bloquee semellante suba e advirte que “con eses prezos está a agravar a brecha social en materia de movilidade. Como vai garantir o igual dereito á movilidade, en especial de traballadoras e estudantes que utilizan esta vía a diario?”.

Aproveita Fernández para censurar ao Goberno por ter obstaculizado no Congreso “calquer posibilidade de debate democrático e aberto sobre a transferencia da AP-9 á Xunta, impoñendo vetos á proposición de lei do Parlamento galego que tamén respaldou na Cámara galega o PP”. Sinala que “nunca debeu ampliarse a súa concesión en 2001 cando gobernaba o ex Presidente do PP, Aznar. Foi unha pésima decisión que hoxe hipoteca aos galegos e ás galegas para moitas décadas, cando xa estaba amortizada. Foi unha decisión adoptada en aras a favorecer os intereses empresariais sen mirar polos intereses de  Galiza”.