Novas

En Marea pide no Congreso que se declare a Paramos (Tui) zona de emerxencia de protección civil “de inmediato”

explosion-pontevedra-paramos-reducido-escombros-1_g

A deputada de En Marea demanda ao Ministro que inicie o procedemento en base ao recollido no artigo 23 da Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil e a tal fin aprobe canto antes as medidas contempladas no artigo 24 con axudas económicas, medidas de exención fiscal e laborais e de Seguridade Social.

Madrid, 6 de xullo 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha proposición non de lei e unha serie de preguntas dirixidas ao Ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, para instalo a iniciar o procedemento de declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil o lugar de Paramos (Tui) que padece unha demoledora explosión de pirotecnia.

Fernández quere que se active canto antes o artigo 23 da Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Proteción Civil que indica no seu punto 1 que “a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil prevista na lei efectuaráse por acordo do Consello de Ministros, a proposta dos Ministros de Interior e Facenda (…)”. A deputada de En Marea pide imediatez para que se aproben canto antes as medida contempladas no artigo 24 da lei que comprende axudas económicas a particulares, así como medidas fiscais de exención tributaria e medidas laborais e de Seguridade Social.

Dada a catástrofe, os trámites xa tiñan que estar avanzados

A deputada de En Marea traslada ao Goberno de Sáncez as terríbeis consecuencias da explosión de material pirotécnico que tivo lugar o 23 de maio en Paramos e que provocua a destrución de 31 vivendas, 86 casas con impactos moi graves nas súas estruturas, 311 con diversos danos e 66 vehículos prexudicados. “Mais de 33 familias tiveron que abandoar os seus fogares. O número de persoas afectadas superou os 263. Moitos perderon todas as súas pertenencias e non poden facer fronte aos gastos económicos derivados do desastre”.

Pón de manifesto que o concello de Tui aprobou nun pleno do pasado 1 de xuño solicitar a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de proteción civil. Considera Fernández Gómez que a onda explosiva rexistradas en Paramos e os seus catastróficos danos, axústase perfectamente ás características descritas na lei. Neste sentido, reclama ao Goberno que proceda canto antes e atende as reivindicacións de veciños e veciñas que o 1 de xullo se manifestaron en Tui pedindo esta declaración e celeridade.

Alexandra Fernández considera que a estas alturas dito trámite tiña que estar xa avanzado porque o desastre é evidente.

Download (PDF, 152KB)

Download (PDF, 154KB)