Novas

En Marea pide no Congreso a recuperación da Seguridade Social para as cuidadoras na contorna familiar

photo6019453801750178764

Madrid, 31 de xaneiro de 2018. A deputada de En Marea,  Ángela Rodríguez, e as deputadas do Grupo Confederal Ana Marcello, Ana Terrón e Teresa Arévalo, presentaron este mércores no Congreso unha iniciativa para esixir a recuperación da Seguridade Social das cuidadoras non profesionais, tamén chamadas cuidadoras na contorna familiar, vinculadas ao Sistema de Atención á Dependencia.

A iniciativa parlamentaria non só busca restablecer a cobertura obligatoria e o financiamento íntegra con cargo aos orzamentos xerais da Administración do Estado dos convenios especiais coa Seguridade Social destas persoas, senón que vai vai moito mais alá.

Un dos obxectivos principais son o aumento da cuantía da prestación e o recoñecemento do dereito a prestaciones por desemprego para que as cuidadoras non queden desamparadas unha vez finaliza a súa actividade, así como garatizarlles o dereito a formación profesional para que así podan reincorporarse ao mercado laboral unha vez que xa non exerzan de cuidadoras non profesionais.

A proposta lexislativa será debatida próximamente na Comisión de Emprego e Seguridade Social no Congreso dos Deputados.