Novas

En Marea pide no pleno do Congreso “responsabilidades políticas” polos lumes en Galicia

photo5996887760109153083 (1)

“Galicia non ardeu, quiemárona vostedes, coas súas políticas”, dixo o deputado Antón Gómez-Reino ao Goberno do Partido Popular. 

Madrid, 18 de outubro de 2017.  O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, preguntou este mércores no pleno do Congreso polas medidas que tomou o Goberno en relación aos incendios forestais en Galicia.

Asistimos a unha catástrofe ambiental e social en Galicia, e ten responsables: os gobernos do Partido Popular”, asegurou o deputado.

Gómez-Reino recordou ao Partido Popular cando decían que “non existía cambio climático”, a pesar das evidencias científicas, ou cando aseguraban que “non había problema co eucalipto”, despois de que se queimasen 23.000 hectáreas queimadas no que vai de ano, e “aínda lle prolongan a concesión a ENCE”.

Tamén lle recordou cando decían que “non pasa nada por privatizar as emerxencias” e despois piden a “colaboración ciudadana par apagar os lumes, após o despedimento de 436 brigadistas en plena seca”.

‘Mienten descaradamente’, “non o digo eu, se non o presidente da Plataforma de Bombeiros públicos de Galicia”, afirmou Gómez-Reino.

“Onde estaba o Estado cando se lle precisaba? Serra do Xurés, o Galiñeiro, O Courel, Os Ancares, Ribeira Sacra…276 incendios en 3 días, más de 11.500 hectáreas calcinadas….. Unha auténtica Marea Negra de cinsa e monte arrasado”

O deputado lembrou que as galegas e galegos xa estamos axostumados a facer o que non fai o Estado e os Goberno do PP, “recoller chapapote coas nosas mans, deter os incencios.. pero non debería ser así!”, exclamou, porque “Galicia non ardeu, queimarona vostedes, coas súas políticas”, dixo ao Goberno.

O parlamentario tamén denunciou que “ante esta catástrofe, as televisións públicas estaban silenciadas” e “non exerceron o servicio público de dar a información necesaria á cidadanía”.