Novas

En Marea pide o ‘cese inmediato’ da Secretaria de Estado de Comunicación polos insultos aos pensionistas

photo6012464446850576130

Madrid, 7 de maio de 2018. En Marea e o Grupo Confederal esixiron este luns o “cese inmediato” da secretaria de Estado de Comunicación e persoa de confianza de Mariano Rajoy, Carmen Martínez Castro.

“Pedimos o cese inmediato da Secretaria de Estado de Comunicación. Non basta con pedir desculpas, o seu comentario non é tolerable”, asegurou a deputada de En Marea e portavoz en materia de pensións, Yolanda Díaz.

En Marea considera que Martínez Castro non debería estar “nin un momento máis no seu cargo” porque “demostraron a súa verdadeira cara cos pensionistas”.

“É moi grave. É profundamente incorrecto, non basta con pedir disculpas. É unha máxima responsable do Partido Popular e do Goberno de España e non é tolerable os improperios dirixidos ás pensionistas”, asegurou Díaz.

Nun micrófono aberto puidose escoitar a Martínez Castro falando cun dirixente do PP local, na súa visita ao Concello de Alicante sobre un grupo de pensionistas que pitaban ao presidente do Goberno: “Que ganas de hacerles un corte de manga de cojones y decirles ¡Pues os jodéis!”.