Novas

En Marea pide que se concreten os prazos temporais para a solución aos peches da A-8 após a sinatura do convenio entre Fomento e Economía 

photo_2017-05-26_12-32-20

O deputado Miguel Anxo Fernán Vello reclama ao Ministerio que a situación da A-8 se arranxe antes do verán de 2018 porque leva moita demora.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/bf8deac8-0248-4412-bfee-48de43e592c3/PREGUNTA_CONVENIO_FOMENTO_ECONOMÍA_A_8.pdf

Madrid, 13 de outubro de 2017. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentar para demandarlle ao Ministerio de Fomento que concrete os prazos temporais para aplicar a solución técnica aos continuos peches da A-8 pola néboa.

O parlamentar lembra que o 28 de setembro pasado, Fomento e o Ministerio de Economía asinaron un Convenio FID (Fomento da Innovación Empresarial desde a Demanda) para “instrumentalizar o financiamento da Compra Pública Innovadora (CPI) que permita a experimentación con prototipos de tecnoloxía innovadora relativos a sistemas de protección antinéboa”, tal e como explicou o propio Ministerio.

Este Convenio ten o propósito de abordar a implementación de solucións fronte á néboa no tramo da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. Ademais, segundo Fomento, o Convenio permite o cofinanciamento do proxecto con fondos europeos. 

Fernán Vello reprocha que se asine un Convenio e se detallen as distintas fases polas que ten que pasar, máis sen datas.

“Non hai concreción temporal. Fomento non aclare en ningún momento os prazos temporais ou o horizonte previsto para que chegue por fin e con moito retraso a solución para viabilizar unha autovía que actualmente resulta inútil e non soluciona os problemas de mobilidade en A Mariña. A maior parte do tempo esté pechada por néboa e a xente que seguer a conducir pola vetusta N-634”.

Para o deputado de En Marea, “a estas alturas, o Ministerio debería acompañar as súas explicacións de prazos”. Fernán Vello criticaa “parsimonia coa que se enfrontou este problema, pendentes desde 2014”, e apremia a Fomento a ter lista a solución para antes do verán de 2018. “Pensamos que pasou  tempo máis que suficiente como para retrasar aínda máis”.

Razón pola que dirixe unha batería de preguntas a Fomento: “Pode o Ministerio concretar os prazos temporais para a posta en marcha da solución técnica á A-8? Garantiza o Ministerio que os habitantes da Mariña poderán contar cunha solución aos continuos peches desta autovía antes do verán de 2018?”.