Novas

En Marea pide a retirada da poxa impulsada por Facenda dos terreos onde se atopan os xacementos de Pena Grande (Vilalba)

pena1

O deputado de En Marea por Lugo no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, e a deputada no Parlamento, Ánxeles Cuña, pediron este venres ao Ministerio de Facenda que rectifique e non saque a poxa pública os terreos nos que se atopa o xacemento de Pena Grande no municipio de Vilalba, en Lugo, uno dos máis importantes de Galicia.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/47d25043-7fb7-4aea-aa08-5a42710ccc0d/PREGUNTA_SUBASTA_PENA_GRANDE.pdf

Lugo, 24 de novembro de 2017. En Marea denuncia e pide a retirada da decisión do Ministerio de Facenda que se deu a coñecer este venres para promover unha puxa para o 15 de decembro dunha serie de bens e fincas situadas no xacemento de Pena Grande, no municipio de Vilalba.

Nesta puxa sacarase a poxa unha parcela de algo máis de tres hectáreas e media de superficie por 7.785,66 euros, na que se atopa un dos principais xacementos arqueolóxicos de Galicia.

“Por que razón decide o Ministerio poñer a poxa esta parcela?”, pregunta o deputado Fernán Vello ao Goberno, “é consciente do gran valor histórico e patrimonial, que pertence á Idade de Ferro, un dos xacementos máis importantes do Paleolítico en Galicia, onde se atoparon numerosas pezas de valor”.

Ante o enorme valor deste xacemento, En Marea pregunta ao Goberno pola súa disposición a cedelos gratuítamente á Xunta para poñelos en valor desde un punto de vista do patrimonio cultural e histórico.

Ante a gravidade dos feitos, o deputado Miguel Anxo Fernán Vello e a deputada Ánxeles Cuña ofrecerán o luns unha rolda de prensa para dar máis detalles das accións que se levarán a cabo.