Novas

En Marea pide unha xuntanza coa ministra de Facenda para abordar a regularización das pensións dos emigrantes retornados a Galicia

photo5848005536291860100

 

A deputada Yolanda Díaz destacou este ventes que En Marea xa presentou varias iniciativas no Congreso sobre esta problemática: “Queremos respostas do Executivo de Sánchez”. 

Ferrol, 21 de setembro de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, mantivo este venres unha xuntanza coa Coordinadora de Emigrantes Retornados de Galicia para abordar a regularización das súas pensións e incapacidades recoñecidas no estranxeiro.

Díaz avanzou que instou á ministra de Facenda, María Jesús Montero, a manter unha xuntanza para tratar esta cuestión e coñecer os plans do GOberno para buscar unha solución.

“Imos ter unha mesa bilateral para negociar os orzamentos galegos, trataremos estas cuestións”, afirmou  a deputada.

Díaz destacou que “hai un problema xeral do Goberno co tratamento en materia fiscal cos traballadores emigrados que, finalmente, na etapa última de traballo volveron para o país”, lembrando que “houbo un avance grazas á súa loita na etapa de Montoro, onde se cambiou unha parte da Lei”.

Segundo explicou a deputada, os problemas teñen que ver “coa dobre tributación”. “O Estado español di que están sendo receptores pasivos dunha dobre tributación, pero isto é unha enorme inxustiza. Están pedindo un trato fiscal europeo”.

Outras das reivindicacións teñen que ver cos convenios bilaterais, por exemplo o caso do convenio con Alemania, “no que se lles está dando un trato discriminatorio a pesar de gañar as sentenzas”.

“O propio Tribunal de Xusitza Galego clarificou esta cuestións. Sería convinte que o Goberno respectara as sentenzas xudiciais”, explicou.

A deputada insistiu que, ademais da xuntanza coa ministra, En Marea xa levou esta cuestión ao Congreso en varias ocasións.

“Presentamos iniciativas no Congreso, as ultimas foron unhas preguntas ao Goberno. Queremos respostas do Executivo de Sánchez, presentamos unha Lei para modificar estes aspectos: cambiar as problemáticas que están afectando a milleiros de pensionistas galegas. Non son delicuentes, fixeron un sobreesforzo para a economía galega cun enorme custo persoal”, insistiu.

Ademais, destacou a iniciativa presentada relativa á regularización fiscal das pensións dos emigrantes retornados e ao recoñecemento, de oficio, no caso das incapacidades que poda sufrir este colectivo. O obxectivo é establecer un mecanismo de homologación automático das pensións de incapacidade percibidas do estranxeiro. 

Pola súa banda, a Coordinadora de Emigrantes Retornados de Galicia destaca que sigue manifestándose en Galicia para conseguir as súas demandas.

“Solicitamos a igualdade, non pedimos máis. Somos 20 plataformas de emigrantes, queremos xustiza e igualdade fiscal. Non se pode gravar a un cidadán galego cun nivel de 12.000 euros anuais cunha paga de pensionistas, cando os outros pensionistas galegos teñen outras condicións”, incidiron.

 

Download (PDF, 278KB)

 

Download (PDF, 266KB)