Novas

En Marea pregunta ao Goberno cando ten previsto poñer en marcha o acordado no Pacto de Estado contra a violencia machista

photo5834665346395646653

Madrid, 15 de decembro de 2017. A deputada e voceira de En Marea de Igualdade no Congreso, Ángela Rodríguez, rexistrou este venres unha pregunta oral para dirixirse á ministra de Igualdade, Dolors Montserrat, para saber cando pensa o Goberno poñer en marcha as medidas aprobadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero

“En marzo expiran os 6 meses que se daban para poñer todo o pacto en marcha e de momento non temos ningún progreso”, denuncia la diputada.

En Marea pregunta ao Goberno se ten previso poñer en marcha nos próximos meses algunha reforma lexislativa, máis que as incluidas no plan directivo do 2018, “para poder cumplir o informa da Subcomisión para o Pacto de Estado”.

“É preocupante que a primeira pista que temos do que o Goberno vai facer en 2018 sexa máis da súa mesma receta: nada de nada”, insistiu a deputada.

Download (PDF, 259KB)