Novas

En Marea pregunta ao Goberno pola posta en marcha das medidas aprobadas no Pacto de Estado contra a violencia machista e pola situación dos xulgados

photo5936080321801988533

Madrid, 13 de outubro de 2017. A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez – Pam, rexistrou varias preguntas no Congreso relativas á posta en marcha das medidas aprobadas no Informe da subcomisión para a violencia de xénero e á situación dos xulgados de Violencia para a Muller.

“Nos últimos meses coñecemos a lamentable situación dalgúns xulgados de Violencia Sobre a muller, nos cales non realizaron as reformas pertinentes para facilitar a protección e seguridade da vítima”, denuncia a deputada.

Rodríguez lembra as deficiencias que coñecimos recentemente nalgúns xulgados, máis concretamente na cidade de Vigo, “que provocaron situacións moi graves de violencia”.

“A distribución das instalacións facilitou a posibilidade de que un detido e condenado agresor se puidese atoparse, tras declarar, coa vítima nos corredores dos xulgados, dándose unhas escenas de violencia que supoñen un enorme prexuizo para a vítima á vez que denotan unha enorme irresponsabilidade por parte da administración do Estado”, sinala a parlamentar.

Para evitar este tipo de situacións, pregunta ao Goberno polas medidas que ten previsto poñer en marcha o Goberno para mellorar as instalacións.

A deputada considera que non é unha cuestión de orzamentos, se non de falta de vontade política.

“O goberno de Mariano Rajoy pode polo menos facer unha modificación de crédito como fai con tantas outras cuestións nos orzamentos xa prorrogados. É una cuestión de vontade política”.

Ante esta situación, a deputada pregunta se o Goberno puxo en marcha algunha das medidas aprobadas no informa da subcomisión para o pacto de Estado contra a Violencia Machista e se ten contacto con outros actores como os gobernos das Comunidades Autónomas ou Entidades Locais.

Ante a prórroga dos Orzamentos, Rodríguez inquire ao Executivo para saber se ten previsto habilitar  crédito de xeito específico para cumprir o compromiso económico que inclúe o informe do Pacto de Estado no prazo acordado para a súa posta, é decir, antes do 28 de novembro de 2017.

 

Download (PDF, 907KB)