Novas

En Marea pregunta ao Goberno pola reparación e indemnización ás represaliadas no franquismo pola súa orientación sexual

photo5812147923784412375

 

Madrid, 26 de decembro de 2017. A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, presentou unha batería de preguntas no Senado dirixidas ao Goberno pola reparación e indemnización ás represaliadas no franquismo pola súa orientación sexual.

Angustia fixo estas preguntas con motivo da conmemoración este 26 de decembro do día da despenalización da homosexualidade no Estado español como un triunfo do movemento LGTBI na defensa dos dereitos humanos deste colectivo.

“O Estado español mantén unha débeda con todas as persoas que loitaron contra a ditadura franquista e que loitaron polos dereitos sexuais e reprodutivos”, sinala a senadora.

Angustia pide que haxa “verdade, xustiza e reparación tamén para as persoas LGTBI represaliadas, coa sua realidade nas leis autonómicas de memoria histórica que están a aprobar unha futura Lei de Vítimas estatal que garanta as indemnizacións a todas as persoas perseguidas pola ditadura e as súas familias”

“Que medidas está desenrolando o Goberno de España para reparar e indemnizar xustamente ás persoas represaliadas pola ditadura franquista pola súa orientación sexual e/ou identidade de xénero?”, pregunta a senadora.

Ademais, En Marea quere coñecer de que xeito conmemorará o Goberno de España este 26 de decembro como data para recordar a despenalización da homosexualidade e reivindicar a igualdade de dereitos das persoas LGTBI.

“Incluirán nos próximos Orzamentos Xerais do Estado unha partida destinada a desenrolar a Lei de Memoria Histórica e reactivar as indemnizacions económicas para as persoas represaliadas durante a dictadura franquista?”, pregunta a senadora.