Novas

En Marea pregunta ao Goberno polas medidas que adoptará o Goberno pola abordaxe á Flotilla Rumbo a Gaza

07531522_xl

Madrid, 1 de agosto de 2018. O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, xunto co deputado Miguel Anxo Fernán Vello e con varios deputados do Congreso rexistraron varias preguntas ao Goberno para interesarse pola situación de Palestina e pola abordaxe á Flotilla Rumbo a Gaza.

“Que medidas ten previsto adoptar o Goberno en relación coa abordaxe a misións humanitarias como a realizada pola Flotilla Rumbo a Gaza? Que xestións realizou o Goberno de España ante o Goberno de Israel sobre estes feitos? Que protección consular dispensou ás tres persoas españolas que viaxan na flotilla, que xunto con Zohar Chamberlain Reguev, cidadá israelí residente en España, son a representación de Rumbo a Gaza na flotilla internacional?”.

O Executivo tamén deberá contestar se ten previsto pronunciarse en defensa do dereito á libre navegación en augas internacionais, a liberdade de circulación de persoas e mercadorías desde e cara a Gaza esixindo especial atención á vida e  integridad das persoas que compoñen a flotilla.

Ademais, En Marea quere coñecer as medidas que ten previsto adoptar o Goberno español para contribuír á paz en Oriente Medio, con especial referencia á ocupación e colonización de Palestina, á situación de refuxiados, ao bloqueo a Gaza e á vulneración dos dereitos humanos por parte de Israel, así como ás trabas á movilidade e o transporte na zona.

Entre outras cuestións, En Marea tamén inquire ao Executivo para coñecer as accións concretas que ten previsto realizar o Goberno para cumprir e facer cumprir a postura tradicional de España e a Unión Europea con Palestina e Israel en relación coa suspensión de venda de armas e intercambios militares ante o asasinato de manifestantes pacíficos en Gaza, contra o incremento da colonización de terras palestinas, polo fin do bloqueo, o cese do comercio cos asentamientos israelís e polo dereito a un Estado propio contra o apartheid, e máis agora, constitucionalizado na chamada lei do Estado Nación xudeu?

Download (PDF, 89KB)