Novas

En Marea pregunta ao Goberno polas multas imposta pola UE

photo5996887760109153083 (1)

Madrid, 27 de decembro de 2017. O deputado e voceiro adxunto de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, rexistrou este mércores unha batería de preguntas e unha petición de información ao Goberno para coñecer todas as multas que a UE impuxo a España.

Gómez-Reino quere que o Executivo detalle a data, a cuantía da multa, o concepto ou motivo da mesma e ata se está recurrida ou se finalmente se pagou.

Ademais, o deputado fai unha solicitude para a resposta por escrito sobre as multas da Unión Europea desde o 2011 ata o 2016.

“Cal é a contía das multas e o motivo polas que se impuxeron?”, pregunta o parlamentario, ademais de incidir se era a primeira multa por ese motivo ou se xa houbo outras.

Download (PDF, 29KB)

Download (PDF, 43KB)