Novas

En Marea pregunta ao Goberno polas trabas para as visitas de avogados/as a persoas presas

dsc_1275

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/f902c43c-9604-457d-aab9-430cb6c91508/PE_visitas_abogados_a_presos.pdf

Madrid, 23 marzo de 2017. O deputado e portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, rexistrou no Congresso várias perguntas relativas aos obstáculos postos en centros penitenciários ás comunicacións coas persoas presas.

En Marea recorda nesta iniciativa o acontecido na cárcere de Teixeiro o pasado 30 de decembro de 2016, cando se impediu que dous avogados se comunicasen con tres internos que se atopaban cumprindo condea en réxime de primeiro grao, na ala de illamento.

Os letrados amparábanse no artigo 48.4 do Reglamento penitenciario, que permite comunicar aos internos con letrados expresamente chamados por aqueles.

Os avogados entregaron aos funcionários os pases expedidos polo Colexio de Avogados de Ourense, pero despois de varias horas de espera e unha longa lista de excusas inverosímiles, como que os presos se negaban á visita, algo que se demostrou non ser verdade. 

En Marea tamén pregunta ao Goberno cantos internos se negaron en 2016 a comunicarse cos seus letrados, e neses casos, en cantas ocasións esa negativa foi precedida ou seguida de visitas desas personas á enfermería, de denuncias de malos tratos e de transferencia a outros centros de prisión,  ante a sospeita de que a visita do 30 de decembro de 2016 non se poidese producir porque as persoas presas recibiran golpes.