Novas

En Marea pregunta ao Goberno polo dispositivo pola vaga de lumes

photo5816831143239069332

 

Madrid, 6 de outubro de 2018. A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, rexistrou varias preguntas no Senado para coñecer o dispositivo que levará a cabo o Goberno ante os lumes

“Cales son os dispositivos estatais despregado e con capacidade de actuación durante este mes de outubro, xa fóra da campaña de verán, en Galicia?”, pregunta a senadora.

Angustia pregunta ao Executivo se houbo algún traslado ou actuación da UME en territorio galego para atender emerxencias forestais e se prevé aplicar algunha política de prevención “para cambiar un sistema enfocado á cobertura de emerxencias exclusivamente”.

Download (PDF, 135KB)